poeta francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Jacques Bens, nado en Cadolive (Bocas do Ródano) o 25 de marzo de 1931 e finado en Vaucluse o 26 de xullo de 2001, foi un escritor francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1931 Cadolive (Francia) |
Morte | 26 de xullo de 2001 (70 anos) Bédoin (Francia) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | lycée Périer (en) Aix-Marseille University (1896-1971) (en) |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Membro de | |
Lingua | Lingua francesa |
Familia | |
Parentes | Célestin Freinet (sogro) |
Premios
| |
Fillo de profesores, Bens pasou a súa infancia e mocidade en Marsella, onde realizou estudos superiores en zooloxía que tivo que interromper en 1951 por razóns de saúde. Xenro do pedagogo Célestin Freinet, colaborou no Mouvement de l'École Moderne e traballou na Coopérative de l'enseignement laïc (CEL).
Jacques Bens traballou de 1960 a 1963 baixo a dirección de Raymond Queneau na Encyclopédie de la Pléiade. Datario do Colexio de Patafísica, foi membro fundador de Oulipo, participando o 24 de novembro de 1960 canda Claude Berge, Jacques Duchateau, François Le Lionnais, Jean Lescure, Raymond Queneau e Jean Queval na primeira das súas xuntanzas, na que o nomearon secretario provisiorio.
En 1963, Jacques Bens volveu aos Alpes Marítimos onde se encargou de diversos traballos de edición, e despois das relacións coa prensa do Teatro de Niza (1972-1975). En 1975 regresou a París e participou en Panorama de France Culture de Jacques Duchateau e mais tamén noutras emisións, como a de Bertrand Jérôme Des Papous dans la tête.
Entre 1980 e 1991 foi secretario xeral da Société des gens de lettres e durante moitos anos realizou o encrucillado de L'Express e de Lire.
Jacques Bens catalogou os seus propios libros en diferentes xéneros: « prosa rimada » (poesías), « prosa novelesca » (novelas), « prosa meditativa » (reflexións), « prosa didáctica » (ensaios), « prosa dramática » (teatro e radio) e « prosa secretarial » (sesións de Oulipo)
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.