Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Dame Jean Iris Murdoch, nada en Dublín o 15 de xullo de 1919 e finada en Oxford o 8 de febreiro de 1999, foi unha escritora e filósofa irlandesa, coñecida polas súas novelas en que combina unha rica caracterización con animados argumentos, incluíndo, polo xeral, temas de índole moral ou sexual.[1][2]
A súa primeira novela publicada Under the Net foi seleccionada en 2001 pola editorial Modern Library como unha das 100 mellores novelas en lingua inglesa do século XX.[3] En 2005, a novela foi escollida pola revista Time como unha das cen mellores novelas en inglés dende 1923.[4]
En 1987, foi nomerada Dama Comandante da Orde do Imperio Británico (DBE).
Murdoch naceu en Blessington Street 59 en Dublín. O seu pai, Wills John Hughes Murdoch, proviña dunha familia de granxeiros presbiterianos de Hillhall, (Condado de Down, preto de Belfast), e a súa nai, Irene Alice Richardson (1899–1985)[5] que se preparara como cantante dende nena, pertencía a unha familia anglicana de clase media de Dublín membro da Igrexa Anglicana de Irlanda.
Cando era moi nova, os pais de Murdoch mudáronse a Londres, onde o seu pai traballou como empregado do Ministerio de Saúde.[6] Murdoch foi educada en escolas progresistas: primeiro en Froeble Demonstration School e despois en Badminton School (Bristol) en 1932.
Comezou a estudar clásicos, historia antiga e filosofía no Somerville College,[7] de Oxford. Recibiu un grao con honra de primeira clase en 1942.[8] Tras deixar Oxford pasou a traballar a Londres para HM Treasury. En xuño de 1944 deixou a Treasury e pasou a traballar para UNRRA. Ao principio estivo en Londres na Oficina Rexional Europea da axencia, mais en 1945 foi enviada primeiro a Bruxelas, logo a Innsbruck, e finalmente a Graz, onde traballou nun campo de refuxiados. Deixou a UNRRA en 1946.[9]
Entre 1947 e 1948 estudou filosofía como posgraduada no Newnham College de Cambridge. Coñeceu a Wittgenstein en Cambridge, mais non o tivo como profesor, pois xa deixara o Trinity College antes de que ela chegase.[9] En 1948, converteuse en profesora do St Anne's College, de Oxford, onde deu clases de filosofía ata 1963.
En 1954 escribiu a súa primeira novela, Under the Net, mais xa publicara previamente ensaios sobre filosofía, incluído o primeiro estudo en inglés sobre Jean-Paul Sartre. Dous anos máis tarde coñeceu e casou con John Bayley (1925-2015), profesor de literatura inglesa e tamén escritor. O inhabitual matrimonio durou corenta e cinco anos, e Bayley coidouna ata os seus últimos días. Bailey pensaba que o sexo era "ineludibelmente ridículo". Murdoch, pola contra, tivo "múltiples relacións con homes e mulleres das que, en turbias ocasións, [Bailey] era testemuña el mesmo".[10][11]
Iris publicou vinte e cinco novelas máis e outros traballos sobre filosofía e drama ata 1995, ano en que comezou a padecer os efectos do alzhéimer, que ao principio atribuíu a «bloqueo de escritor». Faleceu en 1999, aos setenta e nove anos. Bayley volveu casar dous anos despois.[12]
Fonte : Centre for Iris Murdoch Studies, Faculty of Arts and Social Sciences Kingston University
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.