From Wikipedia, the free encyclopedia
Ipse dixit é unha expresión latina que significa "el mesmo dixo".
En lóxica, ipse dixit coñécese como a falacia da afirmación gratuíta.[1] Unha forma desta falacia pódese resumir do seguinte xeito:
Unha afirmación gratuíta nega que unha cuestión sexa debatible. Noutras palabras, "as cousas son así porque si".[2] A forma máis básica de distorsionar unha cuestión é negar que exista.[3]
Ipse dixit úsase para identificar e describir unha declaración dogmática que o falante espera que o oínte acepte como válida,[4] é unha especie de dogmatismo arbitrario.[5] A única proba que temos do feito é que esta persoa o dixo.[6]
O ipse dixit implica que unha afirmación non probada é verdadeira porque foi dita por unha autoridade no tema. A opinión pode ter algún peso baseado só na autoridade ou na posición da persoa que o dixo,[7] e está moi conectado coa falacia do argumentum ad verecundiam.[8]
No De natura deorum (Sobre a Natureza dos Deuses), o escritor romano Cicerón (106–43 a. C.) acuñou o termo ipse dixit como un erro en dereito, sendo a súa tradución da expresión grega (do mesmo significado) autòs épha (αὐτὸς ἔφα), describindo os estudantes de Pitágoras.[9][10]
Jeremy Bentham cambiou o termo ipse-dixit á palabra ipse-dixitismo para aplicalo a argumentos políticos.[11][12]
En 1858, Abraham Lincoln, nun debate co seu rival Douglas, declarou:
"Quero dicir que, en primeiro lugar, non fixen ningún tipo de acusación baseada no meu ipse dixit. (...) Só expuxen as evidencias que tenden a probalas e presenteillas á comprensión doutros, dicindo o que penso que proba, pero dando os medios de xulgar se proba ou non. (...) Eu non me apoiei de ningún xeito no meu ipse dixit."[13]
En Alicia no país das marabillas, o problema de ipse dixit explícase cun exemplo.[14]
"Cando eu uso unha palabra," dixo Humpty Dumpty, cun ton algo despectivo, "significa xusto o que eu escolla que signifique—nin máis nin menos."
"A cuestión é," dixo Alicia, "se podes facer que as palabras signifiquen tantas cousas diferentes."
"A cuestión é," dixo Humpty Dumpty, "quen é o amo
iso é todo."[15]
Ipse dixit está especificado no dereito estadounidense. Por exemplo, nun caso de 1997, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos recoñeceu o problema da "evidencia de opinión que está conectada a datos existentes só polo ipse dixit dun experto".[16]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.