Remove ads
obra de Lewis Carroll From Wikipedia, the free encyclopedia
Alicia no país das marabillas [1] ou As aventuras de Alicia no País das Marabillas[2] é unha obra literaria creada en 1865 polo matemático, diácono anglicano e escritor británico Charles Lutwidge Dodgson, baixo o pseudónimo Lewis Carroll. O conto explica a historia dunha rapaza chamada Alicia que cae por un buraco e atópase nun mundo de fantasía poblado por criaturas peculiares e antropomorfas.
Alicia no País das marabillas | |
---|---|
Ilustración de Alicia no País das marabillas. | |
Título orixinal | Alice's Adventures in Wonderland |
Autor/a | Lewis Carroll |
Ilustrador/a | John Tenniel |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Colección | Conto |
Tema(s) | soño |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Macmillan |
Data de pub. | 26 de novembro de 1865 |
Precedido por | As aventuras soterradas de Alicia |
Seguido por | A través do espello e o que Alicia atopou alí |
Premios |
|
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi publicada en tradución á lingua galega na Colección Xabarín de Edicións Xerais de Galicia.
O conto vén ateigado de alusións satíricas aos amigos do propio Carroll, á educación inglesa e a temas políticos de xacando. O País das marabillas descrito na historia está fundamentalmente creado a través do emprego lúdico da lóxica. Tanto foi así que a obra acadou popularidade nos máis variados ambientes, xa fose o dos cativos xa o dos matemáticos ou os intelectuais. Moitas veces se fala desta obra e do seu autor como referentes do posterior surrealismo así como das vangardas históricas do século XX.
Nesta obra aparecen algúns dos personaxes de máis sona de Carroll, coma o Coello Branco, o Sombreireiro, o Gato de Cheshire ou a Raíña de Corazóns, quen co tempo se farían coñecidos máis aló do mundo propiamente literario.
Consérvanse unicamente 23 copias da primeira edición de 1865, das que 17 pertencen a distintas bibliotecas e as restantes fican en mans privadas. O libro ten unha segunda parte, moito menos coñecida, que leva por título Alicia do outro lado do espello (Through the looking-glass, and what Alice found there, de 1871).
A obra foi traducida a numerosas linguas, entre elas o galego: a tradución fixérona Teresa Barro e Fernando Pérez-Barreiro Nolla, e publicouna Edicións Xerais en 1984. En 1998, un exemplar da primeira edición foi vendido en poxa por un millón e medio de dólares, converténdose así no libro infantil máis caro até o momento[3][4][5].
A Alicia no País das Marabillas de Carroll ten inspirado filmes e adaptacións televisivas diversas. Nesta listaxe soamente se recollen as adaptacións directas da novela orixinal, non de traballos derivados desta. Aparecen co título orixinal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.