Inosina

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Inosina

A inosina é un nucleósido que se forma cando a base nitroxenada hipoxantina se une ao azucre ribosa (ou ribofuranosa) por medio dun enlace N-glicosídico β-N9. Cando ese nucleósido se une a un grupo fosfato forma o nucleótido inosina monofosfato (IMP) ou ácido inosínico.

Thumb
Estrutura química do nucleósido inosina.

A inosina aparece con frecuencia no ARNt e é esencial para unha correcta tradución do código xenético en pares de bases cambaleantes (wobble).

O coñecemento do metabolismo da inosina levou nas últimas décadas a diversos avances en immunoterapia. A inosina monofosfato é oxidada polo encima inosina monofosfato deshidroxenase, rendendo xantosina monofosfato, un precursor chave no metabolismo das purinas. O micofenolato mofetil é un antimetabolito, unha substancia antiproliferativa que actúa como un inhibidor da inosina monofosfato deshidroxenase. Úsase no tratamento de varias doenzas autoimmunes como a granulomatose de Wegener.

Reaccións

A adenina convértese en adenosina ou inosina monofosfato (IMP), calquera das cales, á súa vez, pode converterse en inosina (I), que se emparella coa adenina (A), citosina (C), e uracilo (U).

A purina nucleósido fosforilase intraconverte a inosina e a hipoxantina.

A inosina é tamén un intermediario na cadea de reaccións entre nucleótidos purínicos que se require para a contracción muscular.

Importancia clínica

A inosina foi probada na década de 1970s nos países do leste europeo para mellorar os resultados en atletas, pero os ensaios non demostraron ningunha mellora.[1] Demostrouse que a inosina ten propiedades neuroprotectoras e propúxose como medicamento contra os danos na medula espiñal;[2] porque mellora o restablecemento das conexións dos axóns, e tamén propúxose a súa administración despois dun accidente cerebrovascular polo mesmo motivo.[3]

Está actualmente na fase II dos ensaios para probala como tratamento para a esclerose múltiple.[4] Produce ácido úrico despois da súa inxestión, que é un antioxidante natural e contrarresta o peroxinitrito (molécula que está relacionada coa dexeneración dos axóns ), o que podería ser beneficioso na esclerose múltiple[5] ).

Biotecnoloxía

A inosina é útil para preparar os primers (cebadores) usados na reacción en cadea da polimerase ou PCR, porque se pode emparellar tanto coa adenina, coma coa timina, ou coa citosina. Isto permite usala para preparar primers que cubran un amplo polimorfismo dun só nucleótido, sen que este polimorfismo distorsione a eficiencia na fase de annealing dos cebadores da PCR.

Estimulante alimentario

A inosina é un importante estimulante na alimentación de peixes de piscifactoría administrado só ou en combinación con aminoácidos.[6][7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.