Hipoxantina
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
A hipoxantina é un derivado natural da purina de fórmula C5H4N4O [1] . Encóntrase en raras ocasións como unha base nitroxenada que forma parte dos ácidos nucleicos, onde pode aparecer no anticodón do ARNt formando parte do nucleósido inosina[2]. Ten un tautómero denominado 6-hidroxipurina (figura de abaixo). A hipoxantina é un aditivo necesario para certas células, bacterias, e cultivos de parasitos como substrato e fonte de nitróxeno. Por exemplo, é necesaria en cultivos do parasito da malaria, xa que o Plasmodium falciparum requírea para a síntese de ácidos nucleicos e para o seu metabolismo enerxético.
Hipoxantina | |
---|---|
1H-purin-6(9H)-ona | |
Identificadores | |
Número CAS | 68-94-0 |
PubChem | 790 |
ChemSpider | 768 |
UNII | 2TN51YD919 |
KEGG | C00262 |
MeSH | Hypoxanthine |
ChEBI | CHEBI:17368 |
ChEMBL | CHEMBL1427 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C5H4N4O |
Masa molecular | 136,112 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A hipoxantina é un dos produtos orixinados pola acción do encima xantina oxidase sobre a xantina. Porén, con máis frecuencia, a hipoxantina fórmase por redución da xantina catalizada pola xantina oxidorredutase durante a degradación das purinas.
A hipoxantina-guanina fosforribosiltransferase converte a hipoxantina en inosina monofosfato na reciclaxe de nucleótidos.
A hipoxantina é tamén un produto espontáneo da desaminación da adenina. Debido á grande semellanza da hipoxantina coa guanina, a desaminación espontánea da adenina pode orixinar erros na transcrición e tradución do ADN.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.