From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa de Jersey forma parte do arquipélago das Illas da Canle, é unha bailía (bailiwick en inglés) ou pequeno territorio británico na Canle da Mancha. Ten unha poboación de 84.082 persoas e a capital é Saint Helier. No ano 933, a illa foi tomada polo Ducado de Normandía no norte de Francia. Cando en 1066 os normandos invadiron Inglaterra, Normandía e Inglaterra foron unidas baixo unha monarquía. Durante a idade media, Inglaterra perdeu moitas das súas posesións feudais no continente europeo pero conservou os seus illas na Canle da Mancha, incluíndo Jersey.
Jersey (en) Jèrri (nrf-je) | |||||
Himno | God Save the King | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Saint Helier | ||||
Contén a división administrativa | Grouville (en) Saint Brelade (en) Saint Clement (en) Saint Helier Saint John (en) Saint Lawrence (en) Saint Martin (en) Saint Mary (en) Saint Ouen (en) Saint Peter (en) Saint Saviour (en) Trinity (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 105.500 (2017) (892,55 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa Jersey Legal French (en) Jèrriais | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 118,2 km² | ||||
Bañado por | Canal da Mancha | ||||
Creación | 12 de decembro de 1651 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Monarquía parlamentaria monarquía constitucional democracia parlamentaria | ||||
• Monarca | Carlos III do Reino Unido (2022–) | ||||
• Chief Minister of Jersey (en) | John Le Fondré (en) | ||||
Órgano lexislativo | States Assembly (en) , (Escano: 49) | ||||
Moeda | Jersey pound (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .je | ||||
Prefixo telefónico | +44 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 | ||||
Código de país | JE | ||||
ISO 3166-2 | GB-JSY | ||||
Como a Guernsey e as outras illas da Canle da Mancha, a economía de Jersey baséase nos servizos financeiros, o turismo e a agricultura. Nos Estados Unidos de América, o estado de Nova Jersey tomou o seu nome da illa de Jersey.
Como nas demais illas da Canle da Mancha a poboación nativa ten como lingua nai o francés, máis exactamente un subdialecto do dialecto normando; deste xeito a poboación nativa adoita chamar á súa illa: Jèrriais (pronuncia aproximada: "yerié").
A lexislatura elixida da illa chámase Os Estados de Jersey. Hai dous partidos organizados, a Alianza Democrática de Jersey (Jersey Democratic Alliance) e o Partido do Centro (Jersey) (Centre Party of Jersey); pero agora todos os deputados dos Estados de Jersey son independentes.
O xefe de goberno é un administrador electo chamado Bailiff, e o xefe de estado é o Tenente Gobernador, que é designado por a Raíña. O actual Tenente Gobernador é tenente xeneral Andrew Ridgway. Tamén hai un Xefe Ministro (Chief Minister), agora Frank Harrison Walker. Legalmente Jersey non forma parte integral do Reino Unido. Tradicionalmente a Raíña utiliza o título de Duque de Normandía en Jersey.
Jersey está dividido en "parishes" (parroquias); cada parish ten un condestable (inglés constable, francés connétable), elixido polos habitantes.
Jersey é unha illa que mide 119´6 km²(ou 66.436 vergées), incluíndo as Terras gañadas ao mar e a zona intermareal. Atópase na Canle inglesa, a uns 22 km. da Península de Cotentin en Normandía, Francia, e preto de 161 km. ao sur de Gran Bretaña.[lower-alpha 1] É a maior e máis meridional das illas da Canle e parte das illas británicas, cunha elevación terrestre máxima de 143 m por riba. nivel do mar.[1]
Cerca do 24% da illa está construída. O 52% da superficie está dedicada ao cultivo e ao redor do 18% é medio natural..[2]Atópase dentro do -2° O de lonxitude e a latitude 49° N. Ten un litoral de 70 km. de lonxitude e unha superficie total de 119.6 km². Mide aproximadamente 9 miles (14 km) de oeste a leste e 5 miles (8,0 km) de norte a sur, o que lle dá o nome cariñoso entre os veciños de "nove por cinco".[3]
A illa está dividida en doce parroquias; o máis grande é St Ouen e a máis pequena é St Clement. A illa caracterízase por unha serie de vales que xeralmente corren de norte a sur, como Waterworks Valley, Grands Vaux, Mont les Vaux, aínda que algúns discorren noutras direccións, como Le Mourier Valley. O punto máis alto da illa é Les Platons con 136 m..[4]
Hai varios grupos de illas máis pequenos que forman parte da Bailía de Jersey, como Les Minquiers e Les Écrehous, pero a diferenza das illas máis pequenas da Bailía de Guernsey, ningunha destas está habitada permanentemente.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.