From Wikipedia, the free encyclopedia
IIliturgis, Illiturgi ou Iliturgi foi unha cidade ibérica e posteriormente da Hispania romana. Atopábase na Oretania,[1] próxima ao sur do río Betis (actual Guadalquivir), na vía de Córdoba a Cástulo, no actual termo municipal de Mengíbar, co poboamento romano na chamada «Encomenda de Maquiz» e o ibero, descuberto en 2017, no cerro da Muela, aínda que durante moito tempo creuse que estaba preto de Andújar, no que terminou por ser identificado como a antiga Isturgi.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Provincia romana | Hispania Citerior | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 179 a. C. (<181 a. C.) | ||||
Disolución | século VIII | ||||
Evento clave
| |||||
Durante a Segunda guerra púnica, púxose ao lado dos romanos, e foi asediada polos cartaxineses en dúas ocasións, no 214 a.C. e no 211 a.C., mais con todo, levantáronse os asedios. Cando os irmáns Publio e Cneo Cornelio Escipión foron derrotados, Iliturgi e Cástulo pasáronse ao bando dos cartaxineses. Ademais, de acordo coas fontes romanas, dise que os cidadáns de Iliturgi executaran aos romanos que fuxiran á cidade en busca de refuxio durante a guerra. Cando Escipión o Africano tomou por asalto a cidade no ano 206 a.C., fixo executar a todos os seus habitantes e queimar os seus cadáveres.
Foi refundada por Tiberio Sempronio Graco,[1] cando era pretor de Hispania Citerior (181-179 a.C.) e chegou a ser, durante a etapa a etapa imperial, unha cidade considerable que levou o nome de Forum Julium[3] e formou parte da provincia da Bética, e medrou en tamaño.
Eufrasio de Iliturgi dise que foi o seu primeiro bispo cristián. No século VII, o rei visigodo Sisebuto construíu unha igrexa sobre o sepulcro de Eufrasio en Iliturgi, pero durante a conquista musulmá da Península Ibérica no século VIII, as reliquias de Eufrasio foron trasladadas a Galicia, até o Val do Mao en Samos..[4]
Durante moitos anos pensouse que a cidade de Iliturgi achábase na actual Andújar. Hoxe en día, a hipótese aceptada pola maioría dos arqueólogos e historiadores e a que a identifica coa Encomenda de Maquiz" no termo municipal de Mengíbar.[5] Aínda que, recentemente, uns autores propoñen que podería acharse baixo a actual cidade de Xaén.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.