Remove ads
parroquia civil do concello de San Sadurniño From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Igrexafeita é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 204 habitantes (99 homes e 105 mulleres) distribuídos en 34 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Igrexafeita | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Igrexafeita. | |
Concello | San Sadurniño[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°30′00″N 8°00′48″O |
Poboación | 182 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 35[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
O río Castro suca a parroquia de leste a oeste case encaixoado practicamente en liña recta, deixando a un e outro lado desniveis importantes que son máis acusados na súa ribeira sur. Desde os contrafortes da parroquia que fai de límite cos concellos das Pontes de García Rodríguez e As Somozas, obsérvaee unha ladeira dunha altura media superior aos 300 metros completamente cuberta de fraga e eucaliptais que, ao seu tempo, aparece sucada por numerosos regatos. O máis importante deles é o rego da Pasada da Barra, que nace na serra do Forgoselo e se mantén con auga durante todo o ano.
A maior parte dos núcleos de poboación aséntanse ao longo da ribeira norte do río Castro e, máis concretamente, seguindo a estrada Ferrol-As Pontes e a nova autovía, que fendeu Igrexafeita en dúas metades. A configuración do terreo deixa entrever nalgúns puntos a abundancia de cuarcita que ten na Pena do Rei Mouro un dos meirandes conglomerados de seixo de toda Galiza.
Hórreos e vivendas tradicionais compoñen a maior parte da súa riqueza patrimonial, que se complementa coa igrexa medieval reformada entre os séculos XVIII e XIX. Neste templo –situado no lugar da Torre- hónrase á virxe do Viscordel. A arquitectura relixiosa complétase con cruceiros e coa ermida de Amido –no nordeste da parroquia- erixida en honra a San Vicente e na que non adoita haber oficios.
En relación co patrimonio artístico cómpre destacar o recente descubrimento de importantísimas pinturas murais na igrexa que apuntan cara a un estilo gótico. Estes murais conserváronse grazas ao retablo barroco que se construíu diante delas salvagardando o muro. Abranguen toda a parede do fondo do presbiterio e esténdense pola parte da bóveda de cruzaría que quedou tapada polo retablo. En principio os muros laterais e toda a bóveda de cruzaría estaban decorados, pero crese que nun intento de ennobrecer o templo buscouse a pedra picando a pintura mural, polo que non se conserva.
En realidade, as pinturas que se poden observar na actualidade corresponden a catro pinturas de épocas diferentes:
Esta cantidade de pinturas que se superpoñen teñen a súa explicación no cambio de modas ou gustos e no interese por renovar a estética da igrexa. Na restauración tentouse respectar en todo momento o orixinal, completando as formas só cando era necesario para unha mellor lectura da obra e sempre dunha maneira que se faga discernible do orixinal.
Lugares da parroquia de Igrexafeita no concello de San Sadurniño na Provincia da Coruña | |
---|---|
Amido | A Arbigueira | Bouza Maior | Camiño Grande | A Camposa | O Capelo | Carboados | A Castiñeira | O Castro | O Coto | O Couce | A Curuxa | A Ermida | A Fervenza | A Fraguela | Os Gaiteiros | O Hedreiro | O Lombo | Miguelares | O Navallo | O Outeiro | A Pallota | Pedramaior | A Pedreira | Pena da Meda | Penalonga | A Ramadela | Regueiro Cavado | Remicieiro | A Ribeira | Solposto | Soutullo | A Torre | O Vilar | Vilarvello |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.