Ignazio Abate

futbolista italiano From Wikipedia, the free encyclopedia

Ignazio Abate

Ignazio Abate, nado o 12 de novembro de 1986 en Sant'Agata de' Goti, é un futbolista italiano. Xoga de lateral dereito e o seu club actual é o AC Milan. Ademais, é internacional na selección de Italia.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Ignazio Abate
Thumb
Biografía
Nacemento12 de novembro de 1986 (38 anos)
Sant'Agata de' Goti, Italia (pt)
Altura180 cm
Peso73 kg
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol
Período de actividade2003 -
Nacionalidade deportivaItalia
Deportefútbol
Posición de xogoLateral
Traxectoria
  Equipo
2003–2004   A.C. Milan
2004–2005 cesión:    SSC Napoli 29(2)
2005–2005 cesión:  UC Sampdoria 0(0)
2005–2006 cesión:  UC Sampdoria
2005–2006 cesión:    Piacenza Calcio 13(0)
2006–2007 cesión:  Modena Football Club 38(1)
2007–2008 cesión:  Empoli FC 24(1)
2008–2009 cesión:  Torino FC 25(1)
2009–2019   A.C. Milan 243(3)
2024–   Ternana Calcio
  Selección nacional
2003–2004   Italia sub-18 3(0)
2005–2005   Italia sub-19 2(1)
2005–2006   Italia sub-20 6(0)
2006–2009   Italia sub-21 10(1)
2011–2015   Italia 22(1)
Participou en
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
2008Xogos Olímpicos de 2008
Familia
PaiBeniamino Abate

Pechar

Traxectoria

Club

Abate comezou a xogar no modesto Rescaldina, antes de chegar á canteira do AC Milan en 1999.[1] Fixo o seu debut coma profesional na tempada 2003-04 nun partido da Copa de Italia contra a Sampdoria, o 3 de decembro de 2003. Fixo ademais o seu debut en competicións europeas o 9 de decembro, nun partido da fase de grupos da Liga de Campións contra o Celta de Vigo.

Entre 2004 e 2007, estivo cedido en varios equipos italianos, SSC Napoli, UC Sampdoria, Piacenza e Modena FC. Na tempada 2007-08, fichou polo Empoli FC e fixo o seu debut na Serie A.[2] Esa mesma tempada, anotou o seu primeiro gol na Serie A contra o Genoa CFC o 27 de abril de 2008. O seguinte ano fichou polo Torino FC, onde xogou 25 partidos e anotou un gol.

O 24 de xuño de 2009, o Milan trouxo de volta a Abate, e entrou no equipo para a tempada 2009-10. O 11 de febreiro de 2010, o Milan ofreceulle unha extensión de contrato ata 2014, e Abate asinou a renovación.[3]

Palmarés

Club

Milan
2003–04, 2010-11
  • Supercoppa Italiana: 1
2011

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.