O búlgaro[2] (български език, bǎlgarski ezik) é unha lingua indoeuropea, pertencente á familia das linguas eslavas meridionais das linguas eslavas. O búlgaro posúe grandes innovacións lingüísticas que a manteñen afastada doutras linguas eslavas.

Datos rápidos Búlgaro 'български език', Status oficial ...
Búlgaro
'български език'
Pronuncia:bǎlgarski ezik
Falado en: Bulgaria, Ucraína, Moldavia, rexións limítrofes de Serbia, Romanía, Grecia, Macedonia do Norte, Turquía
Rexións: Os Balcáns.
Total de falantes: 8 millóns
Posición: 88
Familia: Indoeuropea
 Eslava
  Eslava meridional
   Sureslava do leste
    Búlgaro
Status oficial
Lingua oficial de: Bulgaria
Unión Europea
Regulado por: Instituto da lingua búlgara, na academia búlgara das ciencias

(Институт за български език)

Códigos de lingua
ISO 639-1: bg
ISO 639-2: bul
ISO 639-3: bul
Mapa
Status

O búlgaro está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]
Pechar

A lingua búlgara está moi relacionada coa lingua macedonia, xeralmente recoñecida como unha lingua distinta, aínda que prevalece a opinión en Bulgaria, e en Grecia, xunto a opinión de lingüistas internacionais, de que as dúas linguas son variantes do mesmo diasistema.

Distribución xeográfica

O búlgaro é a lingua máis falada en Bulgaria. Tamén hai comunidades de falantes no Canadá, España, Grecia, Hungría, Israel, Moldavia, Romanía, Serbia, Turquía, Ucraína e nos Estados Unidos cun número aproximado de falantes nativos de 12 millóns de persoas.

Status oficial

É lingua oficial de Bulgaria, é tamén da Unión Europea a partir do 1 de xaneiro do 2007.

Expresións comúns en búlgaro

  • Здравей (zdravei) — Ola
  • Здрасти (zdrasti) — Ola (informal)
  • Добро утро (dobro utro) — Bos días
  • Добър ден (dobâr den) — Teña un bo día
  • Добър вечер (dobâr vecher) — Boas tardes
  • Лека нощ (leka nosht) — Boas noites
  • Довиждане (dovishdane) — Adeus
  • Как си (kak si) — Que tal estás?
  • Добре съм (dobre sâm) — Estou ben
  • Поздрави (pozdravi) — Saúdos
  • Благодаря (blagodarya) — Grazas

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.