cantante, político, tradutor e intérprete galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Iago Suárez Fernández, alcumado Iagueiro, nado na Tapada, en Carballedo o 28 de agosto de 1997,[1] é un cantante[2] e político[3] galego.[1][2] É un dos membros fundadores do grupo de rap galego TIAM Gz[2][4] e forma parte do BNG.[3][5][6][7]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de agosto de 1997 (27 anos) Carballedo, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | político, tradutor, cantante |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Membro de | |
Actualmente é o secretario xeral da Unión da Mocidade Galega e exerce como deputado no Parlamento de Galicia.
Iago Suárez pasou toda a súa infancia e mocidade nos concellos de Chantada[1][2] e Carballedo. No ano 2015 comezou a estudar o Grao en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo,[1][8] durante o cal pasou un ano na Universidade de Bratislava grazas ao programa Erasmus+.[1][9]
Comezou a dar os primeiros pasos no mundo da música coa fundación en 2018, xunto co Torozas, o Alessov e o Mr. Mati, do TIAM Gz[4][2]. O nome do grupo está formado polas iniciais dos seus integrantes (Torozas, Iagueiro, Alessom e Mr. Mati) e no cal Iago Suárez é un dos MC. No mesmo ano da súa fundación, o grupo lanza unha mixtape con 4 cancións chamado Cantigas e, máis tarde, o sinxelo «Akelarre». O ano seguinte publica dous sinxelos «Arabic» e «Entropía». En 2020 volven lanzar dous sinxelos, desta vez chamados «Flows da Nada» e «Sandungueira», este último coa colaboración doutra rapaza de Chantada, Julia Vázquez.[10][4][2]
Tras afiliarse a Galiza Nova, no ano 2018 aparece por vez primeira nunhas listas do BNG como segundo suplente de Cosme Pombo nas listas para o Senado das eleccións xerais do 28 de abril de 2019,[11] posición que mantería para a reedicion das eleccións xerais o 10 de novembro dese mesmo ano.[12] Tamén se presentou nas eleccións municipais do 26 de maio de 2019 en Chantada, circunscrición na cal ocupou a sexta praza como integrante da candidatura do BNG.[13]
Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi no número 5 nas listas pola provincia de Lugo.[3] Dende 2018, forma parte da dirección comarcal de Galiza Nova de Lugo Sul e, desde 2023, da Comisión Permanente de Galiza Nova como responsábel de Formación.[14][15]
En maio de 2024, foi escollido pola UMG como novo secretario xeral.[16]
Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 concorreu como número 4 pola provincia de Lugo, resultando elixido.[17][18]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.