especies de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Hydrochous gigas, coñecida vulgarmente como salangana xigante, é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que comprende as salanganas),[2] a única do monotípico xénero Hydrochous.[3][4][5]
Hydrochous gigas Salangana xigante | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Hydrochous gigas (Hartert & Butler, 1901) | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
A especie foi descrita en 1901 polo ornitólogo alemán Ernst Hartert e o zoólogo británico Arthur Gardiner Butler, especializado en ornitoloxía, co nome de Collocalia gigas.[6]
Posteriormene foi clasificada dentro do xénero Hydrochous, descrito en 1970 por Richard Kendall Brooke, en Durban Mus. Novit. 9: 13-24.[7]
A do xénero, deriva do nome Hydrochous, nome latino da constelación de Acuario, derivado do deus da mitoloxía grega Udrokkoos, o vertedor de auga; aludindo á asociación de H. gigas coas fervenzas.[8]
O epíteto específico, gigas está tirado do latín Gigas, -gantis, un dos Xigantes da mitoloxía grega, fillos da Terra (Xea) que querían destronar a Xúpiter (Zeus).[9] Literamente: "xigante".
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
Hydrochrous gigas ten unha característica distintiva en relacición cos outros membros do seu grupo: ten envergadura alar máis grande (150 mm) en comparación coas outras salanganas.[11] É unha salangana bastante grande, que pode chegar até os 16 cm de lonxitude e acadar un peso de 37 g nos machos, e de 35 a 39 g nas femias.[12] A diferenza doutras salanganas, a maneira principal de soporte de seu niño é que está construído sobre unha superficie plana e horizontal, pero non se mantén unido a ela pola saliva.[13]
A salangana xigante encóntrase en Indonesia e Malaisia, e os seus hábitats naturais son os bosques e os ríos e montaña húmidos tropicais e subtropicais.[1] Non é totalmente nocturno, pero pode orientarse visualmente con pouca luz.[14]
A especie vive sobre todo nas selvas tropicais, en zonas montañosas escarpadas, e depende en gran medida das fervenzas como lugares de reprodución. Os límites de altitude en que habita son pouco coñecidos, pero existen rexistros de 800 m na península Malaia, 440 m en Sumatra e de 300 a 1 500 m en Xava. Aínda que esta especie carece de ecolocalización, ten unha visión aguda con pouca luz e pode alimentarse nos crepuscúlos, o que pode contribuír á escaseza de rexistros.[15]
Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), esta especie, pouco coñecida, ten unha pobloación disxunta e probabelmente pequena, e que se cre que está en declive debido á perda e degradación dos bosques da súa área de distribución, polo que actualmente considérase como NT (case ameazada), polo que se necesitan urxentemente enquisas máis detalladas para aclarar o seu status.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.