Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Homo rudolfensis é unha especie fósil do xénero Homo descuberta por Bernard Ngeneo, membro do equipo dirixido por Richard Leakey e Meave Leakey en 1972 en Koobi Fora na beira leste do Lago Turkana, Kenya; o nome científico propúxoo en 1986 V. P. Alexeev.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Homo rudolfensis Rango fósil: Plistoceno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Reconstrución da caveira do "KNM ER 1470" | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Extinto (fósil) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
†Pithecanthropus rudolfensis Alekseyev, 1978[1] |
O KNM ER 1470 coñecido tamén como cranio 1470 é un cranio fósil dun homínido, de corpo voluminoso e robusto e molares de gran tamaño e unha capacidade cranial de 752 cm³, aínda que unha reconstrución realizada en marzo de 2007 polo equipo dirixido por Timothy Bromage reduciu esa capacidade e 526. Atopouno Richard Leakey na beira leste do lago Turkana en agosto de 1972. Moi moderno en aparencia déuselle ao primeiro unha antigüidade de 3 millóns de anos e incluíuse na especie Homo habilis, o que os creacionistas utilizaron para tentar desacreditar a teoría da evolución, pero medicións posteriores déronlle unha idade inferior a 2 millóns de anos. Posteriormente incluíuse na especie Homo rudolfensis, contemporáneo en todo caso do Homo habilis, diferenciándose deste por unha cara máis plana e ampla, uns dentes poscaninos máis amplos e unhas raíces e coroas máis complexas e esmalte máis groso.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.