Homo habilis
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Homo habilis é unha especie do xénero Homo, que viviu aproximadamente entre hai 2 e 1,5 millóns de anos, no comezo do Plistoceno. Descubriuno o equipo de Louis e Mary Leakey o 4 de novembro de 1960 (fósil OH 7) na Garganta de Olduvai, en Tanzania. O nome suxeriuno Raymond Dart e finalmente estableceuse en 1964. Ademais de Olduvai atopáronse fósiles en cantidade en Koobi Fora e en moita menor medida no val do río Omo.
Homo habilis Rango fósil: Plistoceno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Reconstrución da cabeza | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Extinto (fósil) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
†Homo habilis' Leakey et al., 1964 |
Interprétase que foi a primeira especie do xénero Homo en aparecer, e é a menos semellante á especie humana actual. Tiña pequena estatura (1,3 m), as pernas curtas e uns brazos desproporcionadamente grandes comparado co Homo sapiens; o seu cerebro era a metade do do Homo actual, entre 600 e 700 cm³. Pénsase que descendía dunha das especies de Australopithecus.
O Homo habilis compartiu a terra con outros bípedes, como o Paranthropus boisei. Malia iso, o H. habilis, coas súas innovacións nas ferramentas e a súa dieta menos especializada, tivo éxito e deu lugar a novas especies, mentres os Paranthropus desapareceron.
A grande innovación do Homo habilis foi a utilización de ferramentas de pedra lascada, o que lle deu primacía sobre os primates. Utilizábanas sobre todo para escarvar, non aínda para cazar como farían os seus descendentes, dedicándose tamén á busca de presas, e hai pouca evidencia que controlasen o lume ou empregasen a linguaxe articulada.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Homo habilis |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.