Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Hominini (homininos) son unha tribo taxonómica da subfamilia Homininae. Comprende tres subtribos: Hominina, co único xénero Homo; Australopithecina, que comprende varios xéneros extintos; e Panina, co único xénero Pan, os chimpancés (ver a árbore evolutiva máis abaixo).[3][4] Os membros do clado humano, é dicir, os Hominini, inclúen Homo, e as especies de australopitecinos que se orixinaron despois da separación dos chimpancés (compárense tamén os termos "homínidos" e homininos). Non todos os homininos están directamente relacionados co xurdimento dos primeiros Homo.[5]
Hominini Rango fósil: de 5,4 a 0 Ma | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cranio de Sahelanthropus tchadensis, descrito por algúns autores como o membro máis antigo da liña hominina,[1] pero isto é debatido por outros[2] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||
Homo sapiens Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||||
Subtribo | |||||||||||||||||||||||
†Sahelanthropus |
A subtribo Hominina é a rama "humana"; é dicir, contén o xénero Homo exclusivamente. Os investigadores propuxeron o taxon Hominini baseándose en que as especies menos similares dunha tricotomía deberían estar separadas das outras dúas. O chimpancé común e o bonobo do xénero Pan son os parentes vivos evolutivamente máis próximos aos humanos, que comparten co home un antepasado común que viviu hai enre catro e sete millóns de anos.[6] Investigacións feitas por Mary-Claire King en 1973 encontraron un 99% de identidade no ADN entre os humanos e os chimpancés;[7] posteriores investigacións modificaron esta cifra ata o 94%, e algunhas das diferenzas aparecían no ADN non codificante.[8]
Todos os xéneros extintos dos Hominini son ancestrais ou ramas do xénero Homo. Da liña do xénero Pan (chimpancés) atopáronse poucos espécimes fósiles (o primeiro descubrimento dun chimpancé fósil publicouse en 2005;[9] en Kenya e datado entre 545.000 e 284.000 mil anos radiométricamente por datación argon-argon). Porén, crese que tanto Orrorin coma Sahelanthropus existían xa antes da separación estimada entre as liñas humana e dos chimpancés, polo que poderían ser ancestrais tanto de Pan coma de Homo.
Na proposta de Mann e Weiss (1996),[10] a tribo Hominini inclúe tamén a Pan xunto con Homo, pero en subtribos separadas. Homo e (por inferencia) todos os simios bípedes considéranse dentro da subtribo Hominina, mentres que Pan é asignado á subtribo Panina. Wood (2010) discutiu os diferentes puntos de vista desta taxonomía.[11]
Unha fonte de confusión para determinar a idade exacta da separación entre Pan e Homo é a evidencia de que houbo un complexo proceso de especiación en vez dunha clara separación entre as dúas liñaxes. Parece que distintos cromosomas se separaron en diferentes momentos, posiblemente nun período de 4 millóns de anos, o que indica un longo e extenso proceso de especiación con eventos de hibridación a longa escala entre as dúas liñaxes emerxentes entre hai 6,3 e 5,4 millóns de anos segundo Patterson et al. (2006).[12]
A suposición dunha hibridación tardía está en concreto baseada na semellanza do cromosoma X de humanos e chimpancés, o que suxire unha diverxencia hai uns 4 millóns de anos. Esta conclusión foi rexeitada por insegura por Wakeley (2008), quen propuxo explicacións alternativas, como a presión de selección sobre o cromosoma X nas poboacións ancestrais do último antepasado común chimpancé–humano (CHLCA).[13]
Sahelanthropus tchadensis é unha especie de homínido extinta que viviu hai uns 7 millóns de anos, moi preto do tempo da diverxencia entre chimpancés e humanos. Non está claro se debe ser clasificado como hominino, é dicir, se se orixinou despois da separación dos chimpancés (nese caso sería hominino) ou non (non o sería).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.