Histeroideos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os histeroideos (Histeroidea) son unha superfamilia de escaravellos da infraorde Staphyliniformia.
Histeroideos Rango fósil: Aptiano-Recente | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Hister unicolor | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||
|
Características
As características comúns dos histeroideos son unha crista posterior accesoria (dispositivo para o peche) detrás da marxe traseira e a presenza dun bucle medial e unha bisagra apical na á. Élitros truncados, 1 ou 2 segmentos abdominais visibles, 8º segmento abdominal completamente invaxinado no 7º segmento. Antenas con 8 (raramente 7) segmentos que preceden a unha maza formada por segmentos fusionados. Superficie ventral do corpo glabra (sen pelos).[1]
Sistemática
Algúns autores tratan os Histeroidea como unha soa familia dentro da superfamilia Hydrophiloidea (Hydrophiloidea sensu lato), xa que parece ser que forman un clado.[2] Actualmente recoñécense tres familias con representantes vivos no grupo:
- Histeridae (3900+ especies)
- Sphaeritidae (7 especies)
- Synteliidae (9 especies)
Os fósiles máis antigos coñecidos da familia son Cretohister e Antigracilus do Cretáceo temperán (Aptiano) da formación Yixian da China, que están máis estreitamente relacionados cos Histeridae que coas outras dúas familias.[3][4]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.