Harbin
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Harbin (chinés simplificado: 哈尔滨; chinés tradicional: 哈爾濱; pinyin: Hā'ĕrbīn) é unha cidade chinesa, capital da provincia de Heilongjiang, no norte de Manchuria, na beira sur do río Songhua, afluente do Amur. Ten unha poboación de máis de nove millóns de habitantes (2003) nunha área de 53.775 Km².
哈尔滨 (zh) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | República Popular da China | ||||
Provincias da República Popular da China | Heilongjiang | ||||
Capital de | |||||
Capital | Songbei District (en) | ||||
Contén a división administrativa | Acheng District (en) Bayan County (en) Bin County, Heilongjiang (en) Daoli District (en) Daowai District (en) Distrito de Pingfang (pt) Fangzheng County (en) Hulan District (en) Mulan County (en) Nangang District (en) Shangzhi Shuangcheng District (en) Songbei District (en) Tonghe County (en) Wuchang (pt) Xiangfang District (en) Yanshou County (en) Yilan County (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.635.971 (2010) (200,39 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 53.076,48 km² | ||||
Altitude | 150 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Nikolay Sviyagin (en) | ||||
Creación | 1898 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Sun Zhe (en) (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | Q106967276 , | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 150000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0451 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | harbin.gov.cn |
A cidade moderna de Harbin naceu en 1898 coa construción do ferrocarril que unía a cidade rusa de Vladivostok con Dalian. Na actualidade é un importante centro industrial e nó de comunicacións.
Durante a guerra civil rusa en 1918 os membros do exército branco tomaron a cidade. Harbin converteuse nun dos puntos cunha maior comunidade xudía, creada polos emigrantes rusos que se estableceron alí.
En febreiro de 1932 as tropas xaponesas ocuparon a cidade. O exército soviético reconquistouna en agosto de 1945. Logo dun breve período baixo control do Kuomintang, a cidade pasou a mans do Exército de Liberación Popular en abril de 1946.
A influencia rusa aínda está presente na cidade, mesmo na gastronomía da zona. Outra mostra desta influencia está nas tendas. Harbin é o único punto no que os chineses poden adquirir produtos tan típicos rusos como o vodka ou as bonecas matriuskas.
A cidade é coñecida como "a Moscova de Oriente", xa que gran parte da súa arquitectura é de influencia rusa. Destaca a Igrexa ortodoxa de Santa Sofía, construída entre 1923 e 1932. Na actualidade converteuse nun museo que mostra as diferentes influencias sufridas pola arquitectura de Harbin. Algúns habitantes da cidade consideraban que o templo alteraba o feng shui local, polo que se recolleron doazóns económicas para a construción dun mosteiro budista, o Templo de Ji Le.
Condicionada polo clima, Harbin é unha cidade volcada nos deportes de inverno. Desde 1985 celébrase o "Festival Internacional de neve e xeo", que inclúe actividades que van desde o esquí alpino ata a talla de esculturas en xeo. A cidade optou á organización dos Xogos Olímpicos de Inverno do ano 2010, concedidos finalmente a Vancouver (Canadá).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Harbin |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.