From Wikipedia, the free encyclopedia
Hapkido (en coreano
A simple vista é unha combinación de técnicas de taekwondo con outras de aikibudo. O seu ensino está moi enfocado á defensa persoal.
A historia do hapkido é bastante confusa, pero moitas fontes atribúeno a dous coreanos: Choi Yong Sul (1904-1986) e Ji Han Jae (1936-). Cando era neno, Choi foi ao Xapón, onde parece que fixo traballo de criado do mestre do Daito ryu Aiki jutsu, Sokaku Takeda.
Choi demostrou calidades no Daito-ryu Aiki-jutsu e frecuentemente en Takeda enviábao a se enfrontar con outros practicantes de artes marciais. De volta a Corea, Choi empezou a dar clases de artes marciais. Un dos seus alumnos, Ji Han Jae, incorporou técnicas coreanas tradicionais de patadas e puñadas (derivadas do taekkyon e do hwarangdo) e ao repertorio de técnicas resultante deulle o nome de hapkido en 1959. Ademais de Choi e Ji, moitas escolas de artes marciais coreanas tiveron participación no desenvolvemento de varias técnicas que contribuíron ao hapkido tal e como se coñece actualmente.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Hapkido |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.