From Wikipedia, the free encyclopedia
Tai chi chuan (en chinés: 太極拳, Tàijí quán), ás veces abreviado como Tai Chi, é unha arte marcial interna chinesa. Este estilo de arte marcial é recoñecido tamén como unha forma de meditación en movemento.
Os principios filosóficos do Tai Chi Chuan remiten ao Taoísmo e á Alquimia Chinesa. A relación de Yin e Yang, os Cinco Elementos, o Ba Gua (Oito Trigramas), o Libro das Mutacións (I Ching) e o Tao Te Ching de Lao Zi son algunhas das principais referencias para a comprensión dos seus fundamentos.
A pesar de ter as súas raíces na antiga China, o Tai Chi Chuan é actualmente unha arte practicada en todo o mundo. É apreciado no occidente especialmente pola súa relación coa meditación e coa promoción da saúde, ofrecendo aos que viven no ritmo veloz das grandes cidades unha referencia de tranquilidade e equilibrio, así como de melloras para diversos problemas da saúde.
Os creadores do Tai Chi Chuan basearon a súa arte na observación da Natureza. Non só na observación dos animais, tamén no estudo dos principios da interacción entre os diversos elementos naturais.
Como somos parte desta natureza, o coñecemento destes principios e de como actúan dentro de nós, estudados pola Medicina Tradicional Chinesa, revelan o Tai Chi como unha fonte efectiva de enerxía que se encontra no noso interior, situada na rexión do corpo nomeada polos chineses de Dantian, e que está situada dous dedos por debaixo do embigo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.