From Wikipedia, the free encyclopedia
O Hockey Club Slovan Bratislava (en eslovaco Hokejový klub Slovan Bratislava) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Bratislava (Eslovaquia). O club foi fundado en 1921 e é o club máis laureado de Eslovaquia. Dende a 2012-13 compite na Kontinental Hockey League (KHL) representando a Eslovaquia. Xoga os seus partidos como local no Ondrej Nepela Arena, un pavillón con capacidade para 10.115 espectadores.
Slovan Bratislava | |
---|---|
Fundación | 1921 |
Cidade | Bratislava, Eslovaquia |
Estadio | Ondrej Nepela Arena (10.115 espectadores) |
Liga | Kontinental Hockey League (dende 2012) |
Conferencia | Oeste |
División | Bobrov |
Director | Maroš Krajči |
Adestrador | Rostislav Čada |
Afiliado(s) | HK 36 Skalica (Extraliga Eslovaca) |
Cores | Azul, granate e branco |
Na rede | |
http://www.hcslovan.sk | |
O HC Slovan Bratislava foi fundado como equipo de fútbol en 2919 baixo a denominación de 1. ČsŠK Bratislava. En 1921 creouse a sección de hóckey sobre xeo, denominada CsSK hockey. En decembro de 1924 xogou o seu primeiro partido, foi na derrota por 1 gol a 6 fronte ao Wiener EV de Viena. En 1939 o nome do club cambiou polo de Slovan Bratislava, mantendose ata a actualidade.[1]
Logo da segunda guerra mundial, o Slovan foi o único representante eslovaco na máxima categoría do hóckey sobre xeo checoslovaco durante moito tempo, conseguindo en moitas ocasións o subcampionato. O seu único título no Campionato Checoslovaco chegou coa dirección do adestrador Ladislav Horsky na tempada 1978–79. Ademais, os equipos de base gañaron moitos campionatos.[1]
Logo da Disolución de Checoslovaquia en 1993, o Slovan pasou a xogar na Extraliga Exlovaca, gañando oito títulos da máxima categoría do hóckey sobre xeo eslovaco, éxitos que se repetiron co equipo júnior.[1]
Ademais do éxito logrado en Eslovaquia, o Slovan tamén realizou notables participacións en competicións internacionais, con tres títulos da Spengler Cup consecutivos entre 1972 e 1974. Tamén é un dos catro únicos equipos que xogou os catro anos a European Hockey League, chegando sempre aos play-offs. Outro grande éxito internacional do club chegou na tempada 2003-04 coa consecución do IIHF Continental Cup. Dende o 2011, o Slovan participa no European Trophy.[1]
En marzo de 2012, o Slovan solicitou o seu ingreso na Kontinental Hockey League (KHL).[2] O 21 de xuño dese mesmo ano, o Slovan Bratislava foi admitido oficialmente na KHL, logo de cumprir tódalas condicións necesarias. Fundado en 1921, é o club máis antigo da KHL cunha ampla marxe.[3]
En maio, o Slovan fichou a Rostislav Čada como novo adestrador xefe para a súa primeira tempada na KHL, levando ao club a súa experiencia na competición logo de traballar no Avangard Omsk.[4] Logo de xogar dous partidos de preparación fronte a equipos da KHL e o European Trophy no verán, o Slovan comezou a tempada 2012–13 coa derrota por 2 a 4 na casa fronte ao ucraíno e tamén debutante na competición HC Donbass o 6 de setembro de 2012 cun cheo total nas bancadas. A primeira vitoria chegaría catro días despois no partido fronte ao Spartak Moscova, gañando por 2–1 logo por shootout.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.