Gustave Courbet

pintor francés From Wikipedia, the free encyclopedia

Gustave Courbet

Jean Désiré Gustave Courbet, nado o 10 de xuño de 1819 e finado o 31 de decembro de 1877, foi un pintor francés.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Gustave Courbet
Thumb
Nome orixinalJean Désiré Gustave Courbet
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1819
Ornans (Restauración Francesa)
Morte31 de decembro de 1877 (58 anos)
La Tour-de-Peilz, Suíza (pt)
Causa da morteinfarto agudo de miocardio
Lugar de sepulturaCimetière Communal d'Ornans (en)
EducaciónAcadémie Suisse (en)
Actividade
Campo de traballoPintura
Lugar de traballo París
Ornans
Ocupaciónpintor, debuxante, comuneiro, escultor, artista visual
Membro de
Xénero artísticoRetrato, pintura de animais, pintura de xénero, Arte de paisaxes, nudez na arte e Natureza morta
MovementoPintura do realismo (pt)
Catálogo críticoLa Vie et L’œuvre de Gustave Courbet (en) (1977)
Tout l'œuvre peint de Courbet (en) (1985)
ProfesoresCharles-Antoine Flajoulot, Charles de Steuben (pt) e Nicolas-Auguste Hesse (pt)
Influencias
MecenasAlfred Bruyas
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valor
ParellaVirginie Binete
IrmánsJuliette Courbet
Zélie Courbet
Premios

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih,
WikiTree: Courbet-2
Pechar
Thumb
Gustave Courbet. Fotografía de Félix Nadar

Estilo e características

Thumb
Enterro en Ornans (1849), Coubet amósanos unha galería de tipos campesiños, auténticos e rudos que sorprende ó París burgués pola súa linguaxe vulgar

Courbet foi o principal creador do realismo, realizou as súas primeiras creacións en 1848. Ideoloxicamente republicano e socialista a súa participación na Comuna de París en 1871 levaríao ó cárcere e despois ó exilio. A súa pintura diríxese ó pobo, ó proletariado campesiño e obreiro, que é á vez o seu modelo. A súa pintura ademais do realismo caracterízase polas formas poderosas, a composición compacta, cromatismo austero, efectos sobrios do clarescuro, técnica densa e pastosa.

Traxectoria

Nun primeiro momento, pinta a paisaxe, especialmente os bosques de Fontainebleau e retratos, con algúns trazos románticos. Pero a partir de 1849 é decididamente realista. Courbet é o grande innovador do realismo. Escolle temas e personaxes da realidade cotiá, sen caer no "pintoresquismo". A súa técnica é rigorosa co pincel, co pincel plano e coa espátula. As súas referencias son os mestres do pasado como Velázquez, Zurbarán ou Rembrandt. O seu realismo convértese en modelo de expresión de moitos pintores, contribuíndo a enriquecer a obra de Cézanne.

Como os mestres antigos, Gustavo Courbet untaba a súa tea dun fondo sombrío e case negro, a partir do cal subía cara á claridade. Proudhon, o teórico socialista (e o home ao que admirou máis) querería facer dil un pintor proletariano pero excepto os rompedores de pedra, non hai obreiros sobre as súas teas e, en resumidas contas, ben poucos campesiños.

Courbet non herda de ninguén e non terá discípulo.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.