Pintor italiano do Barroco From Wikipedia, the free encyclopedia
Michelangelo Merisi da Caravaggio, nado en Milán o 28 de setembro de 1571 e finado o 18 de xullo de 1610, foi un pintor italiano activo en Roma, Nápoles, Malta e Sicilia entre 1593 e 1610, foi o primeiro gran representante da escola barroca. É coñecido como Caravaggio, que é o nome do pobo lombardo onde naceu.[1]
Nome orixinal | (it) Michelangelo Merisi da Caravaggio |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (it) Michelangelo Merisi 29 de setembro de 1571 (Gregoriano) Milán (Imperio Español) |
Morte | 18 de xullo de 1610 (38 anos) Porto Ercole (Reino de Nápoles) |
Lugar de sepultura | Porto Ercole (pt) |
Grupo étnico | Pobo italiano |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Lugar de traballo | Roma Xénova Messina Milán Palermo Siracusa Nápoles A Valeta Zagarolo (pt) Paliano (pt) |
Ocupación | pintor |
Xénero artístico | Pintura de xénero, pintura relixiosa e Natureza morta |
Movemento | Barroco e Contrarreforma |
Catálogo crítico | Caravaggio Studies (en) |
Profesores | Simone Peterzano (pt) |
Mecenas | Francesco Maria Bourbon del Monte Santa Maria (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Fermo Merixio e Lucia Aratori |
Premios | |
Descrito pola fonte | Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) , (sec:Caravaggio, Michelangelo Merisi da, 189) Hoff's Kurze Biographien, vol 2 (en) , (p.168-175) Biblioteca dixital BEIC |
Á súa tráxica vida (matou un home nunha liorta en Roma en 1606 e pasou o resto da súa vida fuxindo)[2] correspóndese cunha pintura de extrema tensión moral e relixiosa. As súas representacións relixiosas non son historia nin alegoría senón feitos cotiáns xa que Caravaggio buscaba a verdade na arte. O seu estilo caracterízase polas súas composicións unitarias, contrastes brutais de luz e sombra, atmosferas e personaxes reais que atraen o espectador e fai que quede impresionado polo drama vivido en cada escena. O seu realismo exacérbase nas súas últimas obras, agrupando as figuras nunha zona do lenzo, batidas polos efectos da luz, creando un ambiente de desolación e traxedia.
A súa evolución estilística pode dividirse en dúas etapas: experimental (1590-1610), e etapa de madurez (1598-1610). Na primeira etapa plasma os fondos máis claros e luminosos, mentres que na segunda céntrase no tenebrismo potenciando a teatralidade nas escenas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.