From Wikipedia, the free encyclopedia
Gustav Tornier, nado en Dombrowken (hoxe Dąbrowa Chełmińska, Polonia), o 9 de maio de 1858, finado en Berlín o 25 de abril de 1938, foi un zoólogo e herpetólogo alemán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de maio de 1858 Dąbrowa Chełmińska, Polonia (en) |
Morte | 25 de abril de 1938 (79 anos) Berlín |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reich alemán |
Educación | Universidade de Heidelberg |
Actividade | |
Ocupación | biólogo , filósofo , herpetólogo , zoólogo , paleontólogo , conservador |
Empregador | Museum für Naturkunde (pt) (1895–1923) Universidade Humboldt de Berlín |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Tornier |
Arquivos en |
Tornier naceu no Reino de Prusia, sendo o primeiro fillo de Gottlob Adolf Tornier, membro da clase terratenente prusiana en Dombrowken, unha vila preto de Bromberg (hoxe Bydgoszcz) en Prusia Oriental. O seu pai e nai morreran en 1877, deixando a Gustav, de 19 anos de idade como xefe da súa casa e patrimonio.[1][2]
Os compromisos adquiridos fixeron que non comezase os seus estudos universidtarios ata a idade relativamente avanzada de 24 anos. Matriculouse na universidade de Heidelberg en 1882, mais non se deu présa nos seus estudos e non recibiu o seu doutoramento ata dez anos despois. Mentres tanto, escribiu unha monografía sobre evolución apoiando a Wilhelm Roux titulada Der Kampf mit der Nahrung ("A batalla con/por o alimento", 1884). No libro, adoptou unha posición inflexiblemente darwinista, e aplicou os principios da selección natural e da adaptación ás estruturas e funcións dos organismos individuais.[3]
En 1891 aceptou un posto como axudante no museo zoolóxico da Universidade Friedrich Wilhelm (agora Universidade Humboldt) de Berlín. Inicialmente ocupouse de preparar espécimes anatómicos, pero desde 1893 tamén traballou no departamento de herpetoloxía. Cando o seu curador, Paul Matschie, pasou a dedicarse á colección de mamíferos en 1895, Tornier sucedeuno.
En 1902 converteuse en profesor de zooloxía na universidade, e posteriormente tamén aceptou os postos de xefe da biblioteca do museo (1903), subdirector do museo (1921) e finalmente director ad interim do museo (1922–1923). Ademais, foi membro da Sociedade de Amigos da Historia Natural de Berlín (Gesellschaft Naturforschender Freunde zu Berlin) desde 1907 a 1924, e así estivo estreitamente implicado na organización da Expedición ao Tendaguru (1910-1912), que aínda hoxe é a maior expedición para a escavación de xacementos de dinosauros da historia.[4][5]
Tornier retirouse en outubro de 1923, e morreu en 1938 en Berlín. Foi soterrado no Luisenfriedhof-III en Berlín-Charlottenburg.
Os intereses de Tornier estaban centrados na investigación dos anfibios e réptiles, a anatomía do desenvolvemento e a sistemática. Converteuse nunha grande autoridade na fauna de anfibios e réptiles da África Oriental Alemá.
De maneira quizais algo inxusta, o legado de Tornier estivo principalmente determinado pola súa poicion na controversia sobre a postura do dinosauro saurópodo Diplodocus carnegii. Despois do descubrimento en 1899 do animal en Wyoming, este fora tradicionalmente representado e montado nunha posición similar á dun elefante (coas patas rectas en vertical). Porén, en 1909, Oliver P. Hay imaxinou dous Diplodocus, que despois de todo eran réptiles, con extremidades separadas ao xeito dos lagartos sobre as rbeiras dun río. Hay argumentou que Diplodocus tiña unha forma de andar como a dos lagartos coas patas amplamente separadas.[7] Tornier chegara á mesma conclusión e apoiou decididamente os argumentos de Hay, argumentando que a cola fisicamente non podía facer unha curva ata o chan. Para resolver este problema, rebaixou a altura á que chegaba todo o animal.[8]
A hipótese, polo menos en canto á posición das patas, foi disputada por W. J. Holland, quen mantiña que un Diplodocus coas patas estendidas en horizontal tocaría o chan coa barriga e necesitaría unha trincheira para empurar a súa barriga por ela.[9]
A réplica de Tornier acerba e ás veces sarcástica[10] a Holland causou unha pequena discusión, na que as autoridades alemás (incluíndo o propio Kaiser Guillerme II) se puxeron do lado do primeiro e mesmo consideraron volver a montar a copia de Diplodocus de Berlín, colocada alí só uns poucos anos antes por Holland, nunha forma máis "reptiliana".[11][12] Porén, ao final, o descubrimento de pegadas dos pés do saurópodo fosilizadas na década de 1930 descartaban a teoría de Hay e Tornier.
A ra Litoria tornieri, chamada ra de Tornier, que é un endemismo australiano, foi nomeada así na súa honra, como tamén o gran dinosauro saurópodo atopado contra 1910 nas formacións Tendaguru da África Oriental Alemá, que foi renomeado Tornieria africanus (Fraas) cando se viu que o seu nome orixinal Gigantosaurus xa estaba ocupado por outro fósil.
Ademais, Tornier é conmemorado nos nomes científicos de dúas especies de réptiles africanos: a serpe Crotaphopeltis tornieri e a tartaruga Malacochersus tornieri.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.