From Wikipedia, the free encyclopedia
Gustav Theodor Fechner, nado en Groß Särchen o 19 de abril de 1801 e finado en Leipzig o 18 de novembro de 1887,[1] foi un filósofo e psicólogo alemán, coñecido por formular en 1860 unha ecuación para cuantificar a relación entre un estímulo físico e a sensación asociada , onde é o valor da sensación, é un dos estímulos, e unha constante que varía de estímulo a estímulo. Esta ecuación coñécese como lei de Weber-Fechner.[2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Gustav Theodor Fechner 19 de abril de 1801 Żarki Wielkie, Polonia (en) |
Morte | 18 de novembro de 1887 (86 anos) Leipzig, Alemaña |
Educación | Universidade de Leipzig Kreuzschule (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Leipzig |
Ocupación | físico, filósofo, tradutor, profesor universitario, psicólogo, estatístico, escritor |
Empregador | Universidade de Leipzig |
Membro de | Leopoldina (1859–) Academia de Ciências da Saxônia (pt) (ordinary member (en) ) (1846–) Accademia delle Scienze di Torino (1841–) Academia Prusiana das Ciencias |
Alumnos | Rudolf Hermann Lotze (pt) |
Influencias | |
Obra | |
Doutorando | Kohn (en) |
Familia | |
Irmáns | Mathilde Kietz Emilie Kuntze Eduard Clemens Fechner |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Фехнер Густав Теодор) Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Allgemeine Deutsche Biographie (pt) |
Fechner naceu en Groß Särchen, preto de Bad Muskau, na Baixa Lusacia, onde o seu pai era clérigo. A pesar de que foi criado polo seu pai nun ambiente relixioso, posteriormente considerouse ateo.[4]
En 1817 estudou medicina en Dresden e dende 1818 na Universidade de Leipzig, cidade en que pasou o resto da súa vida,[5] e onde obtivo o seu doutoramento en 1835.
En 1834 foi nomeado profesor de física. Con todo, en 1839, contraeu unha enfermidade dos ollos mentres estudaba os fenómenos da cor e da visión, polo que tivo que renunciar á súa actividade docente. Tras recuperarse, envorcouse no estudo da mente e as súas relacións co corpo, dando conferencias públicas sobre os temas tratados nos seus libros. Fechner tiña un concepto do mundo animista, pensando que cada materia estaba dotada dun espírito.
En 1860 publicou Elemente der Psychophysik, momento a partir do cal a psicofísica quedou establecida como disciplina interesada en establecer as relacións matemáticas precisas entre os estímulos (medidos en escalas físicas) e as sensacións evocadas por eses estímulos (medidas en escalas de sensación).
Gustav Fechner publicou artigos de química e de física, e traduciu do francés obras sobre química de Jean Baptiste Biot e de Louis Jacques Thénard. Unha faceta diferente, mais esencial do seu carácter móstrase nos seus poemas e pezas humorísticas, como Vergleichende Anatomie der Engel (1825), escrito baixo o pseudónimo de "Dr. Mises".
O traballo de Fechner que fixo época foi Elemente der Psychophysik (1860). Partindo das bases filosóficas do monismo pensou que os feitos corporais e os feitos conscientes, aínda que uns non poden reducirse aos outros, son diferentes caras dunha mesma realidade. A súa orixinalidade radica en tratar de descubrir unha relación matemática exacta entre eles. O máis famoso resultado das súas investigacións é a lei coñecida como a Lei de Weber-Fechner que se pode expresar da seguinte maneira:
Para que a intensidade dunha sensación poida aumentar en progresión aritmética, o estímulo debe aumentar en progresión xeométrica.
Aínda que o principio é correcto só dentro de certos límites, a lei mostrouse inmensamente útil. A lei de Fechner implica que a sensación é unha función logarítmica da intensidade física, o que non é posible debido á singularidade da función logarítmica en cero. Polo tanto, S. S. Stevens propuxo a relación da lei matematicamente máis plausible da relación entre a potencia da sensación e a súa intensidade, no seu famoso artigo de 1961 (no que establecía a denominada función potencial de Stevens) titulado "To Honor Fechner and Repeal His Law" (En honra de Fechner e revogando a súa lei).
A fórmula xeral de Fechner para conseguir un número de unidades de calquera sensación é , onde significa a sensación, o estímulo numericamente estimado, e unha constante que debe determinarse por separado para cada experimento en función da sensibilidade. O razoamento de Fechner foi criticado co argumento de que, aínda que os estímulos son compostos, as sensacións non o son. "Toda sensación", di William James, "preséntase como unha unidade indivisible, e é case imposible ler un significado claro na idea de que sexan cúmulos de unidades combinadas".
En 1838, tamén estudou a por entón misteriosa ilusión perceptiva do que se chama o efecto de cor de Fechner, polo que se perciben cores nun patrón en branco e negro en movemento. En 1894 o xornalista e científico afeccionado británico Charles Benham difundiu este efecto entre o público angloparlante a través da invención do denominado disco de Benham. Non se sabe se Fechner e Benham chegaron a coñecerse persoalmente.
En 1878 Fechner publicou un artigo no que desenvolveu a noción estatística da mediana. Máis tarde profundou en concepto de estética experimental, coa idea de determinar as formas e dimensións dos obxectos esteticamente agradables. Utilizou principalmente as dimensións das pinturas como base de datos. Na súa obra de 1876 Vorschule der Aesthetik ("Escola de Estética") empregou o método de rangos de xuízos subxectivos extremos.[6]
Xeralmente atribúese a Fechner a introdución da mediana na análise formal de datos.[7]
En 1871 Fechner informou do primeiro estudo empírico de suxeitos con fotismo (percepción de cores sen estímulo visual) mediante cartóns de cores entre 73 sinestésicos.[8][9] O seu traballo foi seguido en 1880 polo de Francis Galton.[10][11][12]
Unha das especulacións de Fechner sobre a conciencia concernía á fisioloxía do cerebro. Xa na súa época se sabía que o cerebro é simétrico e bilateral, e que existe unha fonda división entre as dúas metades que están unidas mediante unha banda de conexión de fibras chamadas o corpo caloso. Fechner especulou que se fose seccionado, se xerarían dúas correntes separadas de conciencia, e a mente se convertería en dúas. Con todo, Fechner cría que a súa teoría non sería nunca posta a proba, mais estaba equivocado. Durante a segunda metade do século XX, Roger Sperry e Gazzaniga Michael traballaron en pacientes epilépticos co corpo caloso seccionado e observaron que a idea de Fechner era correcta.[13]
Fechner construíu dez rectángulos con diferentes proporcións entre largura e lonxitude, e pediu a numerosos observadores que escollesen a "mellor" e a "peor" forma de rectángulo. Estaba interesado en avaliar o atractivo visual dos rectángulos con diferentes proporcións. Os rectángulos escollidos como "mellor" polo maior número de participantes tiñan unha proporción de 0,62 (entre 3:5 e 5:8). Isto chegou a ser coñecido como o "número de ouro" (ou número áureo) e referiuse á relación entre a largura e a lonxitude dun rectángulo que é máis atractiva á vista. O psicólogo e filósofo Carl Stumpf interveu neste estudo como suxeito de probas.
Con todo, aínda se mantén unha certa controversia sobre o experimento en si, motivada porque se deu a coñecer o feito de que Fechner descartou deliberadamente do estudo os resultados que non se axustaban ás súas necesidades, con numerosos matemáticos (incluíndo ao astrofísico israelí Mario Livio) refutando o resultado do experimento.
Na súa publicación póstuma Kollektivmasslehre ("Ensino colectivo de masas") (1897), Fechner introduciu a distribución normal dividida, para acoller as asimetrías que observara na distribución de frecuencias empíricas en moitos campos. A distribución foi redescuberta independentemente por varios autores que traballaban en diferentes campos.[14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.