enfrontamento militar entre os reinos da monarquía hispánica e o Primeiro Imperio Francés From Wikipedia, the free encyclopedia
A guerra da Independencia española, tamén coñecida coma francesada[1], guerra do francés[2] ou guerra contra o francés,[3] foi o conflito armado que, entre 1808 e 1814 sacudiu a Península Ibérica como consecuencia da entrada das tropas napoleónicas en España co pretexto de invadir Portugal. O Levantamento do 2 de maio contra os invasores foi espontáneo e popular e iniciouse o 2 de maio de 1808, cando o alcalde de Móstoles, Andrés Torrejón, redacta un bando no que insta a poboación a levantarse en armas para socorrer o rei Fernando VII, que estaba retido por Napoleón Bonaparte. Esta guerra está dentro do contexto de guerras napoleónicas.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Guerra da Independencia Española | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
La carga de los mamelucos de Francisco de Goya, ilustra un dos episodios do levantamento popular do 2 de maio de 1808 que desembocaría na Guerra da Independencia Española. | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Reino de España Reino Unido Reino de Portugal |
Primeiro Imperio francés España napoleónica | ||||||||
Líderes | |||||||||
Francisco Castaños El Empecinado José de Palafox Gregorio de la Cuesta Joaquín Blake Miguel Álava Esquivel Arthur Wellesley John Moore William Beresford Bernardino Freire |
Xosé I Bonaparte Napoleón I Bonaparte Jean de Dieu Soult André Masséna Louis Gabriel Suchet Joseph Mortier Michel Ney |
Durante os últimos anos do século XVIII e primeiros anos do século XIX, Napoleón gobernaba España da forma que el quería, amparándose na debilidade dos reis e ministros do país. Con todo, no final do ano 1807, Napoleón decidiu que a monarquía de Carlos IV era de escasa utilidade e que sería máis propicio a creación dun estado satélite. Aproveitando os sucesos derivados do Motín de Aranjuez e o feito de que as tropas francesas xa ocuparan o norte de España, Napoleón fixo que a coroa española caese nas mans de seu irmán Xosé I (abdicacións de Baiona).
Coa situación de parálise borbónica, o pobo ponse en loita contra o invasor dirixido por notables locais. Desta forma, únense nun bloque para deslexitimar un cambio dinástico, e comezar a loita pola "independencia".
Co levantamento popular do 2 de maio (Madrid 1808), ponse de manifesto a separación entre o pobo e o goberno instaurado por Napoleón. Son: a ausencia do rei Fernando VII (de quen se cre que está secuestrado), resentimento contra a presenza militar francesa, a represión do 3 de maio, as gotas que colman o vaso e fan perder a lexitimidade ao poder central e a representación popular por medio das xuntas rexionais.
Tralo levantamento do 2 de maio, a Xunta Suprema do Reino de Galicia, a Xunta Suprema do Reino de Sevilla e outras Xuntas constituídas en diversas provincias do Reino proclámanse soberanas contra o poder central en principio lexítimo (Fernando VII esixiu abandonar España en obediencia aos franceses), envía embaixadas a Inglaterra e declaran a guerra a Francia. Estas Xuntas de contado se fusionarían para formar a Xunta Suprema Central (25 de setembro de 1808, a cal acumulou os poderes executivo e lexislativo españois durante a ocupación napoleónica de España; esta xunta suprema central, a partir de 1810, pasaría a chamarse Consello de Rexencia de España e Indias.
Unha das primeiras Xuntas provinciais formadas no final do mes de maio foi a do Principado de Asturias que, o 24 de maio de 1808, declara formalmente a guerra a Francia. Como resposta a este comunicado, as autoridades envían ao Principado un batallón do Rexemento de Hibernía e un escuadrón de Carabineiros dende Bilbao e Valladolid para apagar a rebelión dos asturianos, aínda que sen éxito. A sublevación dos asturianos é secundada polo resto das xuntas; (Cantabria o 27, Galicia o 30, León o 1 de xuño etc.) e isto significará un grave revés para os desexos de Napoleón de levar a cabo unha conquista pacífica (xa que ten poucos custos).
Napoleón esixe aos xenerais que eliminen a resistencia, pero os resultados non son os esperados. A vitoria de Bessiers na batalla de Medina de Rioseco non acaba coa rebelión do sitio de Zaragoza que axiña se estende a Logroño. En Cataluña, as tropas francesas son derrotadas dúas veces na batalla del Bruc, mentres que a sublevación de Xirona corta as subministracións. En Andalucía o xeneral Dupont sofre unha derrota na batalla de Bailén fronte as tropas do xeneral Castaños. A causa deste triunfo foi desaloxar Madrid e fixo soñar coa marcha definitiva dos franceses. Ao mesmo tempo, Gran Bretaña ve abrirse unha nova fronte, (inesperada), na súa guerra contra Francia.
Porén, Napoleón intervén directamente, dirixindo un exército de 250.000 homes. Trátase dun exército veterano, acostumado a movementos rápidos e a vivir sobre o terreo, e que derrota rapidamente a resistencia española e os exércitos ingleses desembarcados na península. Despois da entrada do emperador en Madrid, tras a batalla de Somosierra (30 de novembro de 1808) e a derrota da batalla de Ocaña (novembro de 1809), a Xunta Xeral abandona a meseta para refuxiarse primeiro en Sevilla, despois en Cádiz. Dende aí asiste á toma de Andalucía e Valencia. Soamente Murcia e Huelva, con Cádiz, quedan independentes.
Sen un exército co que combater ante os franceses, os españois inventan un sistema novo para loitar, a guerra de guerrillas, como único modo de desgastar e estorbar aos franceses. Trátase de grupos de pouca xente, coñecedores do terreo que pisan, e que danan o inimigo con rápidos golpes, para espallarse rapidamente e perderse polos montes. Grazas a estas tácticas, o dominio francés está soamente nas cidades. O propio Napoleón recoñece a inestabilidade cando, en contra da vontade do seu irmán (teórico rei de España), pon baixo goberno francés os territorios da marxe esquerda do Ebro, creando unha nova marca hispánica.
Esta guerra de independencia terá importantes repercusións no esforzo de guerra de Napoleón. Un aparente paseo militar transformábase nunha situación na que centos de unidades, preciosas para loitar na campaña contra Rusia, morrían nos ataques. A situación era en calquera caso tan inestable, que calquera retirada de tropas podía producir un desastre de mortes súbitas, como o que ocorreu en xullo de 1812. Nesta data o Duque de Wellington, á fronte dun exército angloportugués e dende Portugal, derrota os franceses, primeiro na batalla de Ciudad Rodrigo e logo na batalla de Arapiles, expulsando os franceses ao oeste e ameazando Madrid: José Bonaparte retírase a Valencia. Aínda que os franceses contraatacan e o rei volve para Madrid en novembro, unha nova retirada de tropas por parte de Napoleón tras a derrota en Rusia e en principios de 1813 permite ás tropas aliadas expulsar a José Bonaparte de Madrid e derrotar os franceses na batalla de Vitoria e na batalla de San Marcial, ao mesmo tempo en que Napoleón intenta protexer a fronteira até poder negociar con Fernando VII unha retirada. Nin os desexos dos españois, verdadeiros protagonistas da liberación, nin os intereses dos afrancesados que seguiran ao exilio a José, son tidos en conta nas negociacións.
A firma do Tratado de Valençay polo que se devolvía o trono a Fernando VII O desexado, como monarca absoluto, foi un comezo dun tempo de desilusións para todos aqueles que creran que a loita contra os franceses era o comezo da "revolución española".
En Vigo, celébrase a sublevación popular de 1809, chamada Reconquista, cun festivo local (28 de marzo) e unha ambientación desa época na zona antiga, organizados polo concello e as asociacións de veciños. Nesa semana, recréase teatralmente a Reconquista na Praza da Constitución, lugar da Casa do Concello naquela época e ó longo da Zona Antiga, que daquela estaba maioritariamente entre as murallas. Nela os actores e veciños escenifican os principais feitos que aconteceron naquela época.
Os principais personaxes representados son:
Os actos teatrais son recreación das crónicas da época:
Debido a que a muralla de Vigo foi derrubada e os seus restos están soterrados baixo diversos lugares de Vigo (rúa Carral, A Laxe, Porta do Sol ou o propio concello), a Porta da Gamboa recréase cunha maqueta na rúa homónima.
Posteriormente, na retirada francesa para o interior da ría de Vigo, principiaríase combate na batalla de Ponte Sampaio, nas terras onde coinciden os concellos de Soutomaior e Pontevedra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.