Francisco Javier Vázquez Varela

avogado e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Francisco Javier Vázquez Varela

Francisco Javier Vázquez Varela, nado en Vigo o 8 de xuño de 1754 e finado en 1818, foi un avogado e político galego, alcalde de Vigo durante a Guerra da Independencia española.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Francisco Javier Vázquez Varela
Thumb
Biografía
Nacemento8 de xuño de 1754
Vigo, España
Morte1818 (63/64 anos)
valor descoñecido
Alcalde de Vigo
Alcalde de Casa y Corte (en)
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado
Familia
CónxuxeManuela Fontenla
Pechar

Traxectoria

Destituída a corporación anterior por sospeitarse do seu afrancesamento, foi elixido o 25 de xaneiro de 1809 por aclamación popular, pouco antes da chegada do exército napoleónico, a quen lle entregou a vila.

Durante os dous meses de ocupación fixo un traballo de desgaste contra o gobernador francés Jacques Antoine Chalot, mentres ía enviando apoios á resistencia do cerco de fóra das murallas.[2]

Logo da reconquista deuse orde de arresto contra el por colaboracionista cos franceses, porén foi exonerado e seguiu a carreira de xurisprudencia como Oidor da Audiencia de Galicia (máximo tribunal rexio de Galicia con sede na Coruña), Alcalde da Casa e Corte de Madrid e Conselleiro do Real Supremo Tribunal de Facenda en 1816, chegando a amasar unha gran fortuna.

Recoñecementos

Thumb
Placa da rúa adicada en Vigo.

O concello adicoulle o nome dunha rúa o 27 de marzo de 1909, a petición de Ricardo Senra Fernández.[3]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.