From Wikipedia, the free encyclopedia
Gordon Willard Allport, nado en Montezuma (Indiana) o 11 de novembro de 1897 e finado en Cambridge (Massachusetts) o 9 de outubro de 1967, foi un psicólogo estadounidense. Allport foi un dos primeiros psicólogos que se centrou no estudo da personalidade, e adoita ser considerado como unha das figuras fundadoras da psicoloxía da personalidade.[1] Contribuíu á formación das escalas de valores e rexeitou tanto a achega psicanalítica á personalidade, que coidaba que era habitualmente demasiado profundamente interprestativa, e a achega condutista, que coidaba que non proporcionaba interpretacións suficientemente fondas a partir dos seus datos. En vez destas achegas populares, desenvolveu unha teoría ecléctica baseada nos atributos.[1] Enfatizou a unicidade de cada individuo, e a importancia do contexto presente, oposto á historia pasada, para entender a personalidade.
Nome orixinal | (en) Gordon Willard Allport |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de novembro de 1897 Montezuma, Estados Unidos de América |
Morte | 9 de outubro de 1967 (69 anos) Cambridge, Estados Unidos de América |
Presidente da Asociación Americana de Psicoloxía | |
1939 – 1939 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Harvard Glenville High School (en) |
Director de tese | Herbert Langfeld (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Psicoloxía |
Ocupación | investigador posdoutoral |
Empregador | Universidade Harvard |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables | |
Doutorando | Hans-Lukas Teuber (pt) e Jacob W Getzels (en) |
Familia | |
Irmáns | Floyd Henry Allport |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Medvik >>>:Allport, Gordon Willard, 1897-1967, Indiana Authors and Their Books, 1917-1966 (en) |
Allport tivo unha importancia profunda e duradeira no campo da psicoloxía, mesmo a pesar de que a súa obra é citada moito menos habitualmente que a doutras figuras célebres.[2] Parte da súa influencia procede da súa facilidade para explorar e conceptualizar temas importantes e interesantes (rumores, prexuízos, relixión, atributos). Outra parte da súa influencia provén das impresións profundas e duradeiras que deixou nos seus estudantes durante a súa longa carreira como profesor, moitos deles tamén con importantes carreiras na psicoloxía. Entre o seu alumnado estiveron Jerome S. Bruner, Anthony Greenwald, Stanley Milgram, Leo Postman, Thomas Pettigrew e M. Brewster Smith. O seu irmánr Floyd Henry Allport, foi profesor de psicoloxía social e política na Maxwell School of Citizenship and Public Affairs da Universidade de Syracuse entre 1924 e 1956, e profesor visitante na Universidade de California, Berkeley. Un informe da Review of General Psychology publicado en 2002, situou a Allport como o 11.º psicólogo máis citado do século XX.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.