especie de insecto From Wikipedia, the free encyclopedia
Gomphus graslinii[3] é unha especie de odonato anisóptero que pertence á familia Gomphidae.
Gomphus graslinii | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
En perigo[1][2] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Gomphus graslinii Rambur, 1842 | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Teñen os ollos moi separados, carácter que comparten cos Petaluridae e cos zigópteros. Os adultos miden usualmente de 4 a 7 cm de lonxitude. Vive en regatos, ríos, arroios ou lagos en estado próximo ó natural. É un gónfido carácterizado polas súas amplas liñas negras nas áreas antehumeral e humeral do tórax, as súas patas son maioritariamente negras, salvo as coxas que son amarelas e os fémures con raias amarelas.
A área de distribución desta especie só comprende unha parte da Península Ibérica e parte do sur e suroeste de Francia. En Francia, as poboacións áchanse claramente en regresión no oeste, sendo estables na zona do suroeste, ó oeste do río Rodano.
Na Península Ibérica habita en Portugal, agás na parte central do país, e en España no suroeste de Galicia, suroeste de Castela e León e sur e suroeste de Andalucía.
Aínda que se trata dunha especie de augas correntes, parece ser máis común nas zonas de remanso, como ocorre con Macromia splendens, especie coa que adoita compartir o hábitat. En Francia voan dende mediados de xuño a mediados de agosto. Os espécimes ibéricos entre primeiros de xuño e mediados de xullo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.