Gobind Singh

décimo gurú sikh, mestre espiritual, guerreiro, poeta e filósofo indio From Wikipedia, the free encyclopedia

Gobind Singh

Guru Gobind Singh (|gʊɾuː goːbɪn̯d̯ᵊ sɪ́ŋgᵊ|), nado como Gobind Rai en Patna o 5 de xaneiro de 1666 e finado en Hazur Sahib o 7 de outubro de 1708,[1][2] foi o décimo gurú sikh, mestre espiritual, guerreiro, poeta e filósofo indio. Cando o seu pai, Guru Tegh Bahadur, foi decapitado por rexeitar converterse ao islam,[3][4] Guru Gobind Singh instalouse formalmente como o líder dos sikhs aos nove anos.[5] Os seus catro fillos morreron mentres Singh aínda vivía, dous en batalla e dous executados polo exército mogol.[6][7][8][9]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Gobind Singh
Thumb
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1666
Patna (Imperio mogol)
Morte7 de outubro de 1708 (41 anos)
Nanded (Imperio mogol)
10º Guru sique (pt)

 Guru Tegh Bahadur (pt) Gurú Granth Sahib 
Actividade
Ocupaciónguru (pt) , poeta, filósofo
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMata Jito
Mata Sundari
Mata Sahib Kaur
FillosSahibzada Ajit Singh
 () Mata Sundari
Sahibzada Jujhar Singh
 () Mata Jito
Sahibzada Zorawar Singh
 () Mata Jito
Sahibzada Fateh Singh
 ()
PaisGuru Tegh Bahadur   e Mata Gujri

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Genius: Gobind-singh
Pechar

Entre as súas contribucióna ao sikhismo están a fundación da comunidade de guerreiros sikh chamada Khalsa en 1699[10][11][12] e a introdución dos cinco K, os cinco artigos de fe que os sikhs khalsa levaban nesa época. Gobind Singh tamén continuou coa formalización da relixión, escribiu importantes textos relixiosos[13][14] e consagrou a Guru Granth Sahib como gurú eterno do sikhismo.[15]

Traxectoria

Orixes

Nomeado dende o seu nacemento como Gobind Rai, foi instruído a partir dos cinco anos en linguas e literatura indoiranianas, persa e sánscrito. Foi adestrado militarmente no estilo bélico Kalaripayatu, no que acabou por dominar todas as diversas técnicas e finalmente institucionalizou o gatka como unha formación obrigatoria e fundamental para todos os sikhs.

Na súa maioría de idade alistou adeptos (varóns e mulleres) para liberarse da invasión persa, que xa levaba varios séculos oprimindo todos os estratos sociais, impoñendo á poboación a conversión ao islam mediante a tortura e obrigándoos a render tributos e ofrendas económicas ao Imperio Mogol. Durante toda a súa infancia Gobind Rai foi testemuña da opresión persa sobre a poboación india, vendo aos nove anos a execución do seu pai, ordenada polo emperador Aurangzeb. Tralo asasinato, Gobind Rai foi elixido décimo e último gurú vivente, polo que se lle chamou a partir dese momento Guru Gobind Singh.

Accións e legado

Aos dezaseis anos, presidiu a corte político-marcial sikh en Anandpur Sahib. Dende o presidio Gobind Singh estivo continuamente en estado de guerra, facendo compatriotismo cos altos xefes guerreiros Kali Cchela e Durga Cchela en contra das autoridades mogolas. Estas accións obrigaron a corte sikh a saír de Anandpur en 1704, matando máis de 32 000 soldados (entre eles 1270 mulleres) e os fous fillos pequenos de Gobind Singh, asasinados por incineración.

Unha lenda épica narra como Gobind Singh deu morte ao emperador Aurangzeb, lanzándolle unha frecha ao corazón que percorreu a distancia dun quilómetro. Ao causar a morte do sanguinario Aurangzeb apoiou as pretensións do futuro emperador Bahadur Shah (1643–1712) de ocupar o trono e de abolir todos os actos violentos en contra de todas as relixións, outorgando por primeira vez a implantación non bélica do islam.

Gobind Singh morreu asasinado, tras ser ferido por unha daga no peito antes de que puidese persuadir a Bahadur Shah de permitir o regreso da corte sikh a Anandpur.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.