filme de 1964 dirixido por Carl Theodor Dreyer From Wikipedia, the free encyclopedia
Gertrud é un filme dinamarqués de 1964 dirixido por Carl Theodor Dreyer. Baséase na novela homónima de 1906 escrita por Hjalmar Söderberg. O papel de Gertrud Kanning é interpretado por Nina Pens Rode, xunto con Bendt Rothe como o seu marido, Gustav Kanning, e Baard Owe como o seu amante, Erland Jansson.
Gertrud | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Gertrud |
Director | Carl Theodor Dreyer |
Produtor | Jørgen Nielsen |
Guión | Carl Theodor Dreyer |
Baseado en | Obra de Hjalmar Söderberg |
Intérpretes | Nina Pens Rode Bendt Rothe Ebbe Rode Baard Owe Axel Strøbye |
Música | Jørgen Jersild |
Fotografía | Henning Bendtsen |
Montaxe | Edith Schlüssel |
Estudio | Palladium |
Distribuidora | Film-Centralen-Palladium |
Estrea | Francia: 19 de decembro de 1964 1 de xaneiro de 1965 |
Duración | 116 minutos |
Orixe | Dinamarca |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Gertrud foi o último filme de Dreyer. Destaca polas súas moitas tomas longas, unha delas de case dez minutos con Gertrud e o seu ex amante, Gabriel, falando sobre os seus pasados. O filme estreouse con críticas diversas, mais agora está considerado unha das obras mestras de Dreyer. Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 38ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]
Gertrud, que chegou a ser unha famosa cantante, decídese a abandonar o seu marido e marchar co seu amante. O día seguinte descobre que este a traizoou e iso impide que lle poida entregar un amor absoluto, polo que a muller abandona os dous e comeza unha vida en solitario, reflexionando sobre como o compromiso do amor é unha simple convención que non vai alén de tentar un límite que moitas veces non significa nada.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.