orde de plantas con flor From Wikipedia, the free encyclopedia
Gentianales é unha orde de plantas con flor, incluídas dentro do clado das astéridas das eudicots. Comprende máis de 16 000 especies nuns 1 138 xéneros e 5 familias.[1] A familia máis grande é a das rubiáceas, á que pertencen máis do 80% das especies da orde. Plantas coñecidas da orde son a cafeeira, quina, gardenia, xanzá, loendro (Nerium oleander) e Vinca.
Gentianales | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gentiana cruciata | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Familias | |||||||||
| |||||||||
Sinonimia | |||||||||
Entre as características das Gentianales está a presenza dun só verticilo de estames, inseridos sobre a corola, e no conxunto da flor hai 4 verticilos. Son gamopétalas tetracíclicas. O xineceo é súpero pero reducido a dous carpelos como en moitas gamopétalas evolucionadas. O estilo do pistilo é sempre único pero os ovarios, xeralmente soldados, están libres nas dúas familias das Asclepiadaceae e Apocynaceae.
No sistema de clasificación de Dahlgren as Gentiales estaban encadradas na superorde Gentianiflorae (tamén chamada Gentiananae).
Na clasificación clásica de Cronquist (1981) a orde comprende seis familias:
Segundo o sistema APG III na orde están incluídas as seguintes familias:[1]
A seguinte árbore filoxenética está baseada en estudos de filoxenia molecular de secuencias de ADN.[2]
Gentianales |
| ||||||||||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.