composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
O galactitol ou dulcitol (dulcita[1]) é un azucre-alcohol, o produto da redución da galactosa.[2] Ten un sabor lixeiramente doce.[2] Nas persoas con deficiencia de galactoquinase, unha forma de galactosemia, o exceso de dulcitol que se forma no cristalino do ollo contribúe a xerar cataratas.[3]
Galactitol | |
---|---|
D-Galactitol | |
(2R,3S,4R,5S)-hexano-1,2,3,4,5,6-hexol | |
Outros nomes Dulcitol, dulcita | |
Identificadores | |
Número CAS | 608-66-2 |
PubChem | 11850 |
ChemSpider | 11357 |
UNII | 113ZQ1Y7DD |
ChEBI | CHEBI:16813 |
ChEMBL | CHEMBL1773904 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C6H14O6 |
Masa molar | 182,17 g mol−1 |
Susceptibilidade magnética (χ) |
-112,40·10−6 cm3/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O galactitol prodúcese a partir da galactosa nunha reacción catalizada pola aldosa redutase.
O outro defecto común do metabolismo da galactosa é a deficiencia en galactosa-1-fosfato uridililtransferase, un trastorno autosómico recesivo, que tamén causa unha acumulación de galactitol como resultado do incremento de concentracións de galactosa-1-fosfato e galactosa. Este trastorno orixina cataratas pola acumulación de galactitol.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.