Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A galactosa é un monosacárido formado por seis átomos de carbono (é dicir, unha hexosa), que se converte en glicosa no fígado como achega enerxética. Ademais forma parte dos glicolípidos e glicoproteínas das membranas celulares das células, sobre todo das neuronas.
Galactosa | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 59-23-4 |
PubChem | 439357 |
ChemSpider | 388480 |
UNII | X2RN3Q8DNE |
KEGG | D04291 |
MeSH | Galactose |
ChEBI | CHEBI:28061 |
ChEMBL | CHEMBL300520 |
Código ATC | V04 , ATC V08 DA02 (micropartículas) |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C6H12O6 |
Masa molecular | 180,156 g mol−1 |
Densidade | 1,723 g/cm3 |
Punto de fusión | 167 °C |
Solubilidade en auga | 683,0 g/L |
Perigosidade | |
NFPA 704 | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Dende o punto de vista químico é unha aldosa pois o seu grupo químico funcional é un aldehido (CHO) localizado no carbono 1. Por outra parte, ao igual que a glicosa, a galactosa é unha piranosa xa que teoricamente pode derivarse do anel de seis lados formado por 5 átomos de carbono e 1 de osíxeno, chamado pirano.
A galactosa é sintetizada polas glándulas mamarias para producir lactosa, que é un disacárido formado pola unión de glicosa e galactosa. Por tanto, a maior achega de galactosa na nutrición provén da inxesta de lactosa do leite.
A síntese da galactosa foi o primeiro descubrimento relevante que realizou o médico e bioquímico arxentino, e logo Premio Nobel de Química, Luis Federico Leloir. O descubrimento, realizado en 1947, baseouse nun problema formulado polo biólogo Rawell Caputo no tecido da glándula mamaria.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.