Geosat Follow On, tamén coñecido polo seu acrónimo GFO, foi un satélite artificial da Armada dos Estados Unidos de América lanzado o 10 de febreiro de 1998 mediante un foguete Taurus 2210 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5][6]
Geosat Follow On / GFO | |
---|---|
Representación de GFO. | |
Tipo | Xeodesia / observación terrestre |
Organización | Armada dos Estados Unidos |
Bus | BCP-600 |
Data de lanzamento | 10 de febreiro de 1998, 13:20 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Taurus 2210[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudos xeodésicos e observación terrestre.[2][6] |
NSSDC ID | 1998-007A |
Masa | 410,0 kg[2][5][6] |
Potencia | 126 vatios[2] |
Características
GFO, baseado no bus BCP-600, foi lanzado para continuar a misión de Geosat e medir con precisión (menor de 5 cm) os cambios na altura do nivel do mar asociados coa circulación oceánica. Levaba a bordo un altímetro por radio e un radiómetro para vapor de auga cos que medir a altura do nivel do mar e a altura dos glaciares.[2][5][6]
O satélite podía almacenar a bordo ata 96 Mbytes de datos e a alimentación eléctrica era proporcionada por un panel solar capaz de xerar ata 126 vatios de potencia. A nave estabilizábase nos tres eixos usando volantes de inercia, que resultaron estar montados de tal xeito que xiraban ao revés do planeado, problema que foi resolto mediante un cambio no software de control do satélite.[2][5][6]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.