Taurus, tamén coñecido como Minotaur-C, foi o nome dun foguete espacial dos Estados Unidos propulsado en tódalas súas etapas por propelente sólido.[1][2][3][4][5][6]
Características
Houbo cinco versións do Taurus en función das súas capacidades. Tódalas versións usaron unha primeira etapa TU-903 ou Castor 120 e unha cuarta etapa Orion 38, mentres que a segunda e terceira variaron entre versións. Para a denominación das versións usábase un código de catro números como segue:[1][2][3][4][5][6]
- O primeiro díxito indica a primeira etapa: un 1 para unha etapa TU-903 e un 2 para Castor 120.
- O segundo díxito indica o tamaño da cofia: 1 para unha pequena e 2 para unha grande.
- O terceiro indica o tipo da cuarta etapa, cun 1 sendo unha Orion 38 e un 2 unha Star-37FM.
- O cuarto díxito úsase para sinalar a existencia dunha quinta etapa opcional, cun 0 para a ausencia desta etapa e un 3 para indicar o uso dunha quinta etapa Star-37FM.
Taurus-1110
Tamén coñecido como Minotaur-C-1110, era capaz de poñer en órbita baixa terrestre ata 1400 kg, usaba unha segunda etapa Orion 50ST e unha terceira etapa Orion 50T. Lanzáronse tres foguetes desta versión.[1][2]
Taurus-2110
Podía poñer en órbita baixa ata 1450 kg, usaba unha segunda etapa Orion 50ST e unha terceira Orion 38. Lanzáronse dous foguetes desta versión, fallando un. Tamén coñecido como Minotaur-C-2110..[1][3]
Taurus-2210
Taurus-2210 ou Minotaur-C-2210 podía poñer en órbita baixa 1450 kg usando unha segunda etapa Orion 50ST e unha terceira etapa Orion 38. Lanzouse un foguete desta versión.[1][4]
Taurus-3110
Taurus-3110 (Minotaur-C-XL-3110) era capaz de poñer en órbita baixa 1450 kg e 445 kg en órbita de transferencia xeoestacionaria usando unha segunda etapa Orion 50SXLT e unha terceira etapa Orion 38. Lanzáronse dous foguetes desta versión, fallando ambos.[1][5]
Taurus-3210
Coñecido tamén como Taurus XL e Minotaur-C-XL-3210, podía enviar 1275 kg a órbita baixa e 880 a órbita heliosincrónica. Usaba unha segunda etapa Orion 50SXLT e unha terceira Orion 38. Lanzáronse dous foguetes desta versión, os dous con éxito.[1][6]
Historial de lanzamentos
Voo[1][2][3][4][5][6] | Data[1][2][3][4][5][6] | Rampla de lanzamento[1][2][3][4][5][6] | Carga[1][2][3][4][5][6] | Resultado[1][2][3][4][5][6] | Notas |
---|---|---|---|---|---|
1 | 13 de marzo de 1994 | Base Vandenberg da Forza Aérea | STEP 0 (P90-5, USA 101) / DARPASAT (USA 102) | Éxito. | Primeiro voo dun Taurus. Voou a versión 1110. |
2 | 10 de febreiro de 1998 | Base Vandenberg da Forza Aérea | GFO / Orbcomm FM03 / Orbcomm FM04 / Celestis 03 | Éxito | Versión 2210. |
3 | 3 de outubro de 1998 | Base Vandenberg da Forza Aérea | STEX (USA 140) / ATEx-UEB / ATEx-LEB | Éxito | Versión 1110. |
4 | 21 de decembro de 1999 | Base Vandenberg da Forza Aérea | KOMPSAT 1 (Arirang 1) / ACRIMSat / Celestis 04 | Éxito | Versión 2110. |
5 | 13 de marzo de 2000 | Base Vandenberg da Forza Aérea | MTI (P97-3) | Éxito | Versión 1110. |
6 | 21 de setembro de 2001 | Base Vandenberg da Forza Aérea | OrbView 4 / QuikTOMS / SBD / Celestis 05 | Fallo | Versión 2110. |
7 | 20 de maio de 2004 | Base Vandenberg da Forza Aérea | ROCSAT 2 | Éxito | Versión 3210. |
8 | 24 de febreiro de 2009 | Base Vandenberg da Forza Aérea | OCO | Fallo | Versión 3110 |
9 | 4 de marzo de 2011 | Base Vandenberg da Forza Aérea | Glory / E1P / KySat 1 / Hermes | Fallo | Versión 3110 |
10 | 31 de outubro de 2017 | Base Vandenberg da Forza Aérea | SkySat 8 / SkySat 9 / SkySat 10 / SkySat 11 / SkySat 12 / SkySat 13 / Flock-3m 1 a 4 | Éxito | Versión 3210 |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.