From Wikipedia, the free encyclopedia
BCP-600 (acrónimo de Ball Aerospace Commercial Platform 600) é un Bus construído pola empresa Ball Aerospace deseñado orixinalmente para misións de clase SMEX (Small Explorer Missions).
O bus BCP-600 foi pensado para poder ser usado en moi diferentes tipos de órbita e con calquera instrumentación que requira dun apuntado preciso. A base é un corpo aproximadamente cúbico de grafito e epoxi con paneis con celas hexagonais. Un espazo interior de 55 x 55 x 55 cm pode albergar tanto sensores como propelente adicional. O espazo sobre o corpo principal proporciona un volume duns 101 cm de alto por 112 cm de diámetro se se usa co lanzador Pegasus XL. A enerxía a proporcionan catro paneis solares que se abren radialmente, aínda que se poden configurar noutras posicións. Os paneis alimentan unha batería de hidruro de níquel de 20 A-h de capacidade.
O sistema de control e comando é redundante e o ordenador de a bordo pode ser reprogramado en órbita. O bus conta cun almacenamento de 2 Gbits de datos a bordo. As transmisións fanse en banda S, con velocidades cara terra de ata 2 Mbps e de recepción de ata 2 Kbps. A posición determínase mediante seguidores de estrelas redundantes, unidades de referencia inercial, sensores solares e magnetómetros. O control de posición usa catro volantes de inercia e tres xestores de torque. Tamén pode levar a bordo un sistema de propulsión baseado en hidracina, de 28 kg de capacidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.