From Wikipedia, the free encyclopedia
Ftia ou Ftía (en grego, Φθία ou Φθίη ) é unha antiga rexión de Tesalia, no norte de Grecia.
É a terra natal dos Mirmidóns, que participaron na guerra de Troia baixo Aquiles. Foi fundada por Éaco, avó de Aquiles, e foi a casa de Peleo e a súa muller Tetis, pais de Aquiles e Artemisa.
Menciónao Platón en Critón, quen conta un soño que tivo Sócrates no que unha muller vestida de branco predixo que despois de tres días o vería nos campos de Ftia, o que significa que Sócrates sería executado en dous días (os gregos contaban o día de hoxe como primeiro día, mañá como segundo e o día seguinte como terceiro).[1]
O texto de Platón, á súa vez, é unha referencia ao Canto IX da Ilíada, no que Aquiles, irritado por Agamenón, ameaza con abandonar o campo de batalla e regresar á "Ftia fértil" o terceiro día.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.