Coalición política uruguaia de esquerda From Wikipedia, the free encyclopedia
A Fronte Ampla (en castelán, Frente Amplio) é un partido político uruguaio de esquerda e centro-esquerda, fundado o 5 de febreiro de 1971, froito da coalición de varios partidos.
Fronte Ampla | |
---|---|
Tipo | coalición electoral |
Ideoloxía | Socialismo democrático, comunismo e socialismo |
Data de fundación | 5 de febreiro de 1971 |
Presidente/a | Fernando Pereira (en) (-) |
Sede | Montevideo |
País | Uruguai |
Na rede | |
http://www.frenteamplio.org.uy/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dentro dos grupos que integran a Fronte Ampla, pódense distinguir diferentes ideoloxías, como son o comunismo, o socialismo, o marxismo e en menor medida o liberalismo, entre outras. Este partido promove, á súa vez, un modelo de Estado do benestar. Fronte Ampla defende a laicidade, promove o dereito á morte digna[1] e o dereito ao aborto. Tamén recoñece o dereito ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo e ao cambio de nome nos documentos das persoas transexuais.
Os dous últimos presidentes da República, Tabaré Vázquez e José Mujica pertencen a este partido. Á súa vez, a Fronte Ampla posúe a maioría parlamentaria en ambas cámaras, o que resultou clave para a aprobación de medidas tomadas polo Poder Executivo. Dende 1990, a Fronte Ampla goberna no departamento de Montevideo, sendo Ricardo Ehrlich o actual intendente.
Nas eleccións municipais do 2005, por primeira vez na súa historia, a Fronte Ampla consegue oito gobernos departamentais, entre os que se encontran os dos departamentos de Paysandú, Salto, Treinta y Tres, Florida, Canelones, Maldonado, Rocha e Montevideo.
A Fronte Ampla foi fundada en 5 de febreiro de 1971 como coalición de partidos promovida, entre outros, por Juan Pablo Terra. No momento da fundación, a Frente Ampla é integrada polos históricos partidos da esquerda uruguaia: O Partido Socialista, o Partido Comunista e o Partido Demócrata Cristián, ademais doutros sectores minoritarios e grupos disidentes brancos, como o Movimiento Popular Fronteamplista, dirixido por Francisco Rodríguez Camusso, ou o movemento Patria Grande, dirixido por Enrique Erro, e tamén colorados, como o Movimiento Pregón dirixido por Alba Roballo ou o movemento Por el Gobierno del Pueblo, dirixido por Zelmar Michelini e Hugo Batalla. Ademais, uníronse cidadáns independentes, como Víctor Licandro ou Líber Seregni (de extracción batllista) que se convertería no primeiro Presidente da Fronte Ampla e primeiro candidato á Presidencia da República.[2]
Ás eleccións de 1971, a Fronte Ampla presentou a Líber Seregni como candidato a Presidente e Juan José Crottogini como candidato a vicepresidente. Conseguiu o 16,3% dos votos válidos, posicionándose no terceiro lugar nunhas eleccións que foron acusadas de fraudulentas polo Partido Nacional, que perdería a Presidencia por unha marxe do 0,2% dos votos.
Porén, após o Golpe de Estado do 27 de xuño de 1973, a Fronte Ampla é reprimida e a súa cabeza visíbel, Líber Seregni, encarcerado. Tamén son detidos e procesados o resto dos líderes do movemento, motivo polo cal a Fronte Ampla non poderá concorrer ás eleccións internas de 1982.
Tras a restauración da democracia en 1984, a maior parte dos líderes da Fronte Ampla son postos en liberdade; outros permaneceron encarcerados até despois das eleccións. Nelas, a Fronte Ampla obtén o 22,1% dos votos, malia que o seu líder, Líber Seregni, continuaba impedido de participar como candidato mesmo despois de ter sido excarcerado. Os candidatos á Presidencia e á Vicepresidencia da Fronte foron respectivamente, por ese motivo, Juan José Crottogini e José D'Elia.
Líber Seregni volveu ser o candidato á Presidencia do Uruguai nas eleccións de 1989, xunto con Danilo Astori como candidato á VicePresidencia e cabeza de todas as listas ao Senado. A coalición sufriu unha perda de apoios, recibindo o 21% dos votos. Ao mesmo tempo, nas eleccións departamentais dese ano, o candidato frontista Tabaré Vázquez resultou elixido como Intendente Municipal de Montevideo, o que o levou a converterse en líder do partido e candidato presidencial para as eleccións de 1994 e 1999.
Nas eleccións nacionais de 1994, a Fronte Ampla formará unha coalición con outros grupos e presentarase baixo o nome de Encuentro Progresista-Frente Amplio.[3] A Fronte Ampla alcanza o 30,61% dos votos e sitúase no terceiro lugar, por detrás do Partido Colorado de Julio María Sanguinetti (32,35%) e do Partido Nacional de Alberto Volonté (32,21%).
Para as eleccións de 1999, a Fronte Ampla estreou un sistema de eleccións internas ás que concorrían Vázquez e Astori, gañando o primeiro por máis de 5 a 1. Con Tabaré Vázquez como líder, a coalición logrará o 40% dos escanos do parlamento, converténdose na primeira forza política do país. Porén, na segunda volta das eleccións, o Partido Colorado, liderado por Jorge Batlle, gañará as eleccións ao conseguir os apoios de dous terzos do Nuevo Espacio, do intentende electo da zona de Rocha, Irineu Riet Correa, e do deputado Jorge Machiñena.
En 2004, a vitoria da Fronte Ampla dáse polo 50,45% dos votos, grazas á coalición formada con Nuevo Espacio baixo o nome de Encuentro Progresista-Frente Amplio-Nueva Mayoría. A coalición foi disolta en 2005 cando Nuevo Espacio e os outros partidos da coalición pasaron formalmente a integrar a Fronte Ampla o 19 de novembro de 2005.
O día 29 de marzo de 2008, o Movimiento 26 de Marzo decidiu retirarse e pasou a formar parte da coalición de partidos Asemblea Popular.
A Fronte Ampla obtén a maioría parlamentaria nas eleccións xerais do 25 de outubro de 2009 obtendo un 48% dos sufraxios, en tanto o Partido Nacional (dereita e centro-dereita) quedou segundo cunha porcentaxe do 29%. O Partido Colorado (dereita liberal) quedou terceiro cun 17% de votos.
De cara ás eleccións presidenciais de 2009, o proceso interno na Fronte Ampla enfrontou a José Mujica, Danilo Astori e Marcos Carámbula, vencendo claramente o primeiro candidato. En 6 de xuño de 2009, presentáronse formalmente as candidaturas de José Mújica e Danilo Astori á Presidencia e á Vicepresidencia respectivamente.[4] A coalición obtén a maioría parlamentaria nas eleccións xerais de 25 de outubro dese ano co 48% dos votos, moi por diante da dereita do Partido Nacional (29%), da dereita liberal do Partido Colorado (17%). En cuarto posición atopouse o Independiente (de centro), cun 2,45 %. O partido minoritario, Asamblea Popular, logrou 0,66% de votos. A votación obtida asígnalle á Fronte Ampla 16 senadores dun total de 30 e 50 deputados dun total de 99.
Na segunda volta, o Partido Nacional recibiu o apoio do Partido Colorado; o Partido Independente non apoiou ningunha candidatura e a ultra-esquerdista Asemblea Popular chamou ao voto nulo. A Fronte Ampla logrou unha vantaxe de 9 puntos, polo que José Alberto Mujica e Danilo Astori se converteron respectivamente en Presidente e Vicepresidente do Uruguai.
Lista | Partido/Grupo | Personalidades do Partido/Grupo |
---|---|---|
Lista 77 | Vertiente Artiguista | Enrique Rubio Mariano Arana |
Lista 90 | Partido Socialista | Daniel Martínez Mónica Xavier Reinaldo Gargano Daisy Tourné Álvaro García |
Lista 609 | Movimiento de Participación Popular Movimiento Claveles Rojos Participación Masoller Partido por la Victoria del Pueblo | Lucía Topolansky Eduardo Bonomi Ernesto Agazzi Víctor Vaillant Jorge Saravia Luis Puig |
Lista 738 | Alianza Progresista | Rodolfo Nin Novoa Héctor Lescano |
Lista 787 | Corriente Encuentrista Independiente | Darío Pérez |
Lista 871 | Partido Obrero Revolucionario (Trotskista-Posadista) | Raúl Campanella |
Lista 1001 | Partido Comunista | Eduardo Lorier Oscar López Goldaracena Juan Castillo |
Lista 1813 | Liga Federal Frenteamplista | Darío Pérez |
Lista 1968 | Democracia Socialista | Pablo Cabrera |
Lista 2121 | Asamblea Uruguay | Danilo Astori Susana Dalmas Carlos Baráibar |
Lista 5005 | Movimiento Canario | Diego Cánepa |
Lista 5271 | Corriente de Izquierda | Darío Estades |
Lista 7373 | Corriente de Acción y Pensamiento-Libertad | Eleuterio Fernández Huidobro |
Lista 9393 | Corriente de Unidad Frenteamplista | Eduardo Mendez Camaran |
Lista 99000 | Nuevo Espacio | Rafael Michelini |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.