político socialista alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Friedrich Christian Eduard Leßner[1], nado en Blankenhain o 27 de febreiro de 1825 e finado en Londres o 1 de febreiro de 1910, foi un político socialista alemán, coñecido co pseudónimo de Carstens. Membro da Liga dos Comunistas e da Primeira Internacional, foi un dos primeiros partidarios de Karl Marx.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de febreiro de 1825 Blankenhain, Alemaña (pt) |
Morte | 1 de febreiro de 1910 (84 anos) Londres, Reino Unido |
Actividade | |
Campo de traballo | Política e socialismo |
Ocupación | político, Socialista |
Familia | |
Fillos | Charles Lessner |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Fillo dun suboficial do exército e dunha lavandeira. En 1858 casou con Sarah (nada en 1840), unha muller inglesa, e en 1869 volveu casar con Marie Breitenbach (nada en 1844).[2] Foi pai do enxeñeiro de minas Charles Lessner, asentado en Vilagarcía de Arousa.
A súa mocidade estivo marcada pola pobreza e a privación. En Weimar aprendeu o oficio de xastre, e seguiu a súa formación de viaxe co seu oficial. En Hamburgo entrou en contacto coa asociación local de educación obreira, onde coñeceu as ideas de Wilhelm Weitling. Para evitar o servizo militar fuxiu a Londres. Alí uniuse á Liga dos Xustos e máis tarde á Liga dos Comunistas. Nesa época coñeceu a Karl Marx e Friedrich Engels. Foi responsable da realización técnica de impresión da publicación do Manifesto do Partido Comunista.[3] Regresou a Alemaña e participou de forma activa na revolución de 1848/49. Propagou as ideas da Liga Comunista, colaborou no Neue Rheinische Zeitung (Nova Gaceta Renana) e xogou un papel importante na Asociación de Traballadores de Colonia. En 1849 leu a oración fúnebre do médico de Colonia, Andreas Gottschalk. Fundou a Asociación de Traballadores de Wiesbaden-Maguncia e converteuse no seu presidente. En 1851 foi arrestado, e sentenciado a tres anos de prisión no proceso comunista de Colonia de 1852.
En 1856 exiliouse a Inglaterra. Converteuse en membro destacado da Asociación de Educación dos Trabajadores de Londres. En 1864 converteuse en membro do Consello Xeral da Asociación Internacional de Traballadores, cargo que mantivo até 1872. Participou nas Conferencias Internacionais da AIT entre 1865 e 1872. Posicionouse do lado de Marx nos enfrontamentos deste con Mikhail Bakunin. O 18 de setembro de 1867 Karl Marx asinoulle un exemplar da obra Das Kapital, editada ese ano, coa dedicatoria: "Seinem Freunde F. Lessner / Lond. 18 Sept. 1867 Karl Marx".[4] Marx foi padriño do seu fillo Charles, nado en 1879. Nas décadas de 1880 e 1890 estivo particularmente involucrado no movemento obreiro inglés. En 1893 foi un dos cofundadores do Partido Laborista Independente. Durante a disputa revisionista dentro da socialdemocracia alemá, defendeu un marxismo ortodoxo e rexeitou as ideas de Eduard Bernstein. Na socialdemocracia alemá converteuse nun símbolo da "vella garda" do movemento desde a década de 1890. O partido apoiou economicamente a Leßner, que seguiu co seu oficio de xastre. Participou como invitado de honor en conferencias do Partido Socialdemócrata e en congresos da Segunda Internacional.
O seu arquivo persoal consérvase en Moscova.Hai unha copia en microfilm no Archiv der sozialen Demokratie en Bonn. O inventario cobre o período desde 1853, que inclúe, entre outros materiais, a correspondencia con Johann Philipp Becker, Friedrich Engels e Julius Motteler. Tamén hai diarios, notas e borradores de artigos e discursos.[5]
En Blankenhain unha escola recibiu o seu nome en 1962, durante a República Democrática Alemá. Tamén hai unha pedra conmemorativa na súa cidade natal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.