Charles Lessner
enxeñeiro de minas inglés From Wikipedia, the free encyclopedia
enxeñeiro de minas inglés From Wikipedia, the free encyclopedia
Charles Lessner, nado en Londres o 8 de novembro de 1879 e finado en Vilagarcía de Arousa o 14 de maio de 1944, foi un enxeñeiro de minas inglés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de novembro de 1879 Londres, Reino Unido |
Morte | 14 de maio de 1944 (64 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro de minas |
Familia | |
Pai | Friedrich Leßner |
Foi fillo de Friedrich Leßner, xastre membro da Liga dos Comunistas, que en 1848 participara na revolución alemá. Logo de pasar por prisión coñeceu a Karl Marx, quen apadriñou ao seu fillo Charles.
Despois de estudar a carreira de enxeñaría de minas, Charles Lessner foi a África a traballar. A comezos do século XX chegou a Galicia para traballar nas minas de estaño. En Vilagarcía de Arousa hospedouse na Fonda Porto, e casou con Josefina Porto Rey, a filla dos donos da fonda e irmá de Francisco Porto Rey, o 7 de agosto de 1909.
Deu clases de inglés, entre outros a Aquilino Iglesia Alvariño[1].
Está soterrado no cemiterio inglés de Rubiáns.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.