Remove ads
escritor e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco José Souto Barreiro, nado na Coruña o 12 de outubro de 1962 e finado en Razo (Carballo) o 30 de marzo de 2017[1][2], foi un escritor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de outubro de 1962 A Coruña, España |
Morte | 30 de marzo de 2017 (54 anos) Razo, España |
Causa da morte | morte accidental, accidente laboral |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político |
Xénero artístico | Poesía e teatro |
Premios | |
Foi coeditor de Edicións do Dragón e da colección Letras de Cal. Realizou ilustracións para diversos libros e participou en varias exposicións colectivas, colaborando tamén en obras teatrais. Foi presidente da asociación de mariscadores e da asociación Caldeirón. Dende esta asociación promoveu o Certame de poesía erótica Illas Sisargas e foi o principal responsable da Editorial Caldeirón, selo que publica as obras gañadoras do certame e, ocasionalmente, outros títulos de poesía ou catálogos das exposicións organizadas pola asociación. Nas eleccións municipais de 2015 foi candidato do BNG en Malpica de Bergantiños e foi elixido concelleiro. Morreu o 30 de marzo de 2017 cando traballaba como percebeiro nas proximidades de Santa Mariña de Razo (Carballo).
No ano 2001 crea xunto o músico Serxio Moreira a compañía AÍNDA na que en anos posteriores incorporaranse o fotógrafo Peter Schneider e a escritora Rosalía Fernández Rial, realizando as seguintes montaxes:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.