Francisco Javier Sánchez Cantón, nado en Pontevedra o 14 de xullo de 1891 e finado en Ponte Muíños (Lourizán) o 27 de novembro de 1971, foi un historiador galego.

Traxectoria

Thumb
Instituto que leva o seu nome.

Fillo de Javier Sánchez Cervela. Doutorouse en filosofía e letras, e ocupou unha cátedra na Universidade de Granada. Despois deu clases de Historia Xeral da Arte na Universidade Central, da que foi vicerreitor desde 1958.

Thumb
Sánchez Cantón foi un dos ideólogos do Museo de Pontevedra.

A participación de Sánchez Cantón foi fundamental para a creación do Museo de Pontevedra. E xa é no ano 1927 un dos patróns fundadores deste museo, xunto con Casto Sampedro Folgar, Castelao, Daniel de la Sota, Antón Losada Diéguez, José Millán, López de la Ballina, Xosé Filgueira Valverde e Raimundo Riestra Calderón. con algúns deles tamén formaba o Club Karepas.

Thumb
Nicho no cemiterio de S. Amaro.

Foi nomeado subdirector (en 1922) e director (en 1960) do Museo do Prado, onde realizou un importante labor de reorganización de salas. Foi membro das academias Española (en 1949), Belas Artes e director da de Historia (en 1956). Presidiu a Xunta Iconografía Nacional e foi nomeado protector da Fundación Lázaro Galdiano, vicedirector do Instituto Diego Velázquez de Historia da Arte e director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

Na súa bibliografía, de sentido crítico e coñecemento do tema, destacan Los Pintores de Cámara de Los Reyes Católicos (1916), Los Retratos del Museo del Prado (1919), Los Tapices de la Casa del Rey (1919), en colaboración con Tormo, Fuentes literarias para la Historia del Arte Español (5 volumes, 1923-1943), Dibujos de antiguos maestros españoles (1933), Los dibujos de Goya (2 volumes, 1952) e o libro póstumo Pontevedra y los Pontevedreses (Museo de Pontevedra, 1973). Leva o seu nome un instituto na súa cidade natal.[1]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.