Folgoso, Abegondo

parroquia civil do concello de Abegondo From Wikipedia, the free encyclopedia

Folgoso, Abegondomap
Remove ads

Santa Dorotea de Folgoso é unha parroquia do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Ten unha superficie de 3,54 km². Segundo o IGE en 2016 tiña 103 habitantes (57 mulleres e 46 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 133 habitantes.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Remove ads
Remove ads

Cultura

Topónimo

Folgoso é fitónimo latino que indica a presenza de moitos fieitos, isto é, unha filgueira. A súa orixe acontece entre o século X e XIII.[2][3]

Patrimonio

Patrimonio arquitectónico e relixioso

Igrexa de Santa Dorotea

A igrexa de Folgoso está entre o lugar da Cancela e da Igrexa. É dun estilo barroco do século XVIII. E da tipoloxía rural habitual na bisbarra, cunha planta rectangular e unha soa nave. Ten no seu interior un retablo barroco, mais o resto da decoración é sobria. A fachada principal está rematada por unha espadana dobre cun cume en pináculos[4][5].

Cruceiro de Folgoso

O cruceiro áchase preto da igrexa, fóra do muro perimetral da igrexa de Santa Dorotea. É unha obra pedesta de base cadrada e un arranque de fuste de sección cadrada. O último terzo do cruceiro faise con esquinas biseladas e mostrando un capitel con volutas e follas de acanto. Os laterais do cruceiro está decorados con rostros de querubíns. Na cruz atopa polo anverso a imaxe de Cristo e polo reverso a imaxe da Virxe, ambas as dúas figuras realizadas nun talle primitivo[4][5].

O pazo de Folgoso

O Pazo de Folgoso describiuse por primeira vez no ano 1700 e encrávase na Aldea de Abaixo. Aparecía daquela como unha torre e un escudo. Nese templo parroquial tiñan os señores do pazo as súas sepulturas brasonadas que no escudo da torre apenas podíanse ler "Martínez Barbeito". Arestora o pazo asemellase a unha casa labrega tradicional, inda que a parte en forma de "torre" se lle segue a dar ese nome, e como mostran as pegadas nos muros indicando seren unha construción militar[4][5].

Patrimonio arqueolóxico

Os Ullos

No lugar de San Bartolomé foron descubertas por obras de oleoduto, nun 450 metros de cavadas, 24 anacos de cerámica medieval e un lítico do Calcolítico-Idade de Bronce. Porén, nesa zona non foi descuberta ningunha estrutura arqueolóxica asociada a ese material. A construción do oleoduto destruíu parcialmente o xacemento[4].

Casarío de San Bartolomé

No lugar de San Bartolomé localizouse un xacemento de fragmentos líticos e cerámica durante as obras de construción dun oleoduto dende A Coruña a Vigo. En 240 metros da vía do oleoduto recolléronse fragmentos de cerámica, no que 68 restos pertencen á Idade Media e dous ao Calcolítico e Idade de Bronce. Nese mesmo tramo tamén se atoparon oito obxectos líticos do Calcolítico/Idade de Ferro. O xacemento foi alterado polas obras do oleoduto e de naves industriais próximas[4].

Mámoas

Existen varias mámoas descubertas[4]:

  • Mámoa 3 de San Bartolomé
    • Esta mámoa non ten restos de estruturas pétreas. Ten unha masa tumularia moi espallada, con forma alongada en sentido leste-oeste, por mor dos traballos agrícolas realizados nesa zona. O cono de violación foi colmado por causa deses traballos agrícolas na zona. O estado de conservación é malo.
  • Mámoa 5 de San Bartolomé
    • É un enterramento tumulario de planta circular no que non se aprecian restos de estruturas pétreas nin cono de violación. Consérvase medianamente ben.
Remove ads

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Folgoso

Lugares da parroquia de Folgoso no concello de Abegondo (A Coruña)

A Aldea de Abaixo | A Aldea de Arriba | Beche | A Braña | Cancela | Coedo | A Igrexa | A Lameira | A Travesa | O Vao | Vilar

Parroquias de Abegondo

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Abegondo

Abegondo (Santaia) | Cabanas (San Xián) | Cerneda (San Salvador) | Cos (Santo Estevo) | Crendes (San Pedro) | Cullergondo (Santa María) | Figueroa (San Miguel) | Folgoso (Santa Dorotea) | Leiro (Santaia) | Limiñón (San Salvador) | Mabegondo (San Tirso) | Meangos (Santiago) | Montouto (Santa Cristina) | Orto (San Martiño) | Presedo (Santa María) | Sarandós (Santa María) | Vilacova (San Tomé) | Viós (San Salvador) | Vizoño (San Pedro)

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads