Filoquinona

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Filoquinona
Remove ads

A filoquinona, tamén coñecida como vitamina K1, fitomenadiona ou fitonadiona, é unha cetona aromática policíclica, baseada na 2-metil-1,4-naftoquinona, cun substituínte 3-fitil.

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...

É unha vitamina liposoluble estable ao aire e á humidade, mais sensible á luz do sol. Atópase naturalmente nunha gran variedade de plantas verdes, particularmente nas follas, xa que actúa como aceptor de electróns durante a fotosíntese, formando parte da cadea de transporte de electróns do fotosistema I.

Está incluída na lista de medicamentos esenciais da Organización Mundial da Saúde.[1] Utilízase para tratar certos trastornos hemorráxicos,[2] como a sobredose de warfarina, deficiencia de vitamina K e a ictericia obstrutiva.[2] Adminístrase xeralmente por vía oral ou por inxección intramuscular ou subcutánea.[2] Cando se administra inxectada os seus beneficios poden notarse en cuestión de dúas horas.[2] Tamén se recomenda para previr e tratar a deficiencia hemorráxica de vitamina K en nenos.[2] En moitos países aplícase por inxeccións intramusculares aos neonatos para evitar calquera posible deficiencia hemorráxica de vitamina K. É considerada un tratamento seguro e salva a vida de moitos nenos e evita graves déficits neurolóxicos.[3]

A filoquinona ou fitomenadiona illouse por primeira vez en 1939.[4] En 1943, Edward Doisy e Henrik Dam recibiron o Premio Nobel polo seu descubrimento.[4]

Remove ads

Terminoloxía

A miúdo recibe o nome de vitamina K1,[5] fitomenadiona ou fitonadiona. Algunhas veces faise a distinción entre a filoquinona (natural) e a fitonadiona (sintética).[6]

Bioquímica

A filoquinona é un aceptor de electróns durante a fotosíntese, formando parte da cadea de transporte electrónico do fotosistema I.

A súa función mellor coñecida en animais é como cofactor necesario para a formación dos factores de coagulación II (protrombina), VII, IX, e X no fígado. Tamén cómpre para a formación dos factores anticoagulantes C e S. Utilízase frecuentemente para tratar a intoxicación por warfarina e é un antídoto para o cumatetralil. Tamén é necesaria para a formación de proteínas do óso.

Biosíntese

Thumb
Bosíntese da vitamina K1 por transformación do corismato en nove etapas.

A vitamina K1 sintetízase a partir do corismato, un composto producido a partir do shikimato pola vía do shikimato. A conversión do corismato a vitamina K1 comprende nove pasos:[7][8][9]

  1. O corismato é isomerizado a isocorismato pola isocorismato sintase ou MenF (encima da menaquinona).
  2. Adición de 2-oxoglutarato ao isocorismato por PHYLLO, unha proteína multifuncional que ten tres actividades encimáticas (MenD, MenH e MenC).
  3. Eliminación de piruvato por PHYLLO.
  4. Aromatización para render O-succinilbenzoato realizada por PHYLLO.
  5. Activación do O-succinilbenzoato ao correspondente éster de CoA pola MenE.
  6. Formación do anel de naftoato pola naftoato sintase (MenB/NS).
  7. Liberación tiolítica de CoA por unha tioesterase (MenH).
  8. Unión dunha cadea fitol ao anel de naftoato (MenA/ABC4).
  9. Metilación do precursor na posición 3 (MenG).
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads