militar e político castelán From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando Álvarez de Toledo e Pimentel, nado en Piedrahíta o 29 de outubro de 1507 e finado en Lisboa o 11 de decembro de 1582, foi un militar e político castelán, terceiro duque de Alba de Tormes.
En tanto militar, político e diplomático, desenvolveu a súa actividade en varios campos e frontes.
Entre 1546 e 1547 participou nas campañas do emperador Carlos V contra os protestantes alemáns da Liga de Esmalcalda, na guerra de Esmalcalda.[1]
Durante o reinado de Filipe II dirixiu a guerra contra o papa Paulo IV en Italia e foi enviado aos Países Baixos españois en 1567 para sufocar a revolta protestante. Como rexedor deste territorio desenvolveu unha política de extorsión con impostos excesivos e unha represión sanguenta con máis de mil condenados a morte pola Corte de Disturbios que aumentou o descontento popular con 60.000 exiliados,[2] polo que en 1573 foi deposto.[3]
En 1580 dirixiu o exército que ocupaba Portugal, tras a derrota e morte de Sebastián I de Portugal na batalla de Kasr al-Kabir.[4]
O duque de Alba foi rehabilitado en 1580, cando Filipe II, que reclamaba o trono de Portugal, vacante dende a morte do seu tío, o Cardeal-Rei D. Henrique, precisaba dos seus servizos. Coa morte de D. Henrique sen descendencia, desatouse a crise sucesoria de 1580, aparecendo Filipe II dos Habsburgo como o pretendente preferido ao trono da nobreza portuguesa. Porén, o pobo, e algúns nobres e clérigos, apoiaron a D. António, o Prior do Crato, que se alzou como rei en Santarém e foi formalmente aclamado e coroado en Lisboa o 24 de xullo de 1580. Nese contexto, os servizos do Duque foron requiridos para neutralizar militarmente as forzas asignadas a D. António. O experimentado duque de Alba entrou en Portugal en xullo de 1580 e destruíu rapidamente o exército portugués comandado por Diogo de Meneses (gobernador do Estado da India), quen foi degolado. Caendo sobre Lisboa, enfrontouse ás últimas forzas antoninas gañando a Batalla de Alcântara, abrindo o camiño para a entrada triunfal de Filipe II de España e I de Portugal no seu novo reino.
En sinal de recoñecemento, o rei deulle o título de Condestável de Portugal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.