From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa Korać é o nome que recibiu unha das competicións europeas de clubs de baloncesto organizadas pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA). O torneo concibiuse en 1971 e disputou os seus primeiros partidos o 4 de xaneiro de 1972. Foi bautizada como Korać en homenaxe ao baloncestista iugoslavo Radivoj Korać, un grande xogador do OKK Belgrado que finara en 1969 nun accidente de tráfico aos 30 anos. O trofeo foi ofrecido polo OKK e tódolos beneficios xerados pola competición foron destinados á fundación que se creou no seu nome.
Tipo | competición deportiva |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Epónimo | Radivoj Korać |
Número de participantes | 67 |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1971 – |
Intervalo de tempo | – 2002 |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | fibaeurope.com… |
Na súa primeira edición, celebrada na tempada 1971-72, foron convidados a participar só oito equipos: dous da liga española (Bàsquet Manresa e Picadero Jockey Club), dous franceses (Olympique d'Antibes Basket e Caen BC), dous iugoslavos (Lokomotiva Zagreb e OKK Belgrado), un belga (Standard BC) e un alemán (USC München). A final, disputada a dobre partido (ida e volta), foi gañada polo Lokomativa (actualmente Cibona) ante o OKK Belgrado.
Nas seguintes edicións ampliouse o número de participantes e o formato de competición foi variando ao longo dos anos, de xeito que puideran participar nunha competición europea os clubs mellor clasificados de cada país que non puidesen competir na Copa de Europa nin na Recopa.
A competición deixou de celebrarse ao remate da tempada 2001-02 a causa da crise do baloncesto europeo propiciada pola escisión entre a FIBA e a Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB). Ese ano optouse por suprimir a competición ao tomar partido pola ULEB os principais clubs do continente.
Porén, a ULEB creou un ano despois unha nova competición, a Copa ULEB, que recolleu a testemuña da Copa Korać.
Tempada | Sede | Campión | Subcampión | Resultados |
---|---|---|---|---|
1971-72 | Belgrado & Zagreb | KK Lokomotiva | OKK Belgrado | 71-83 e 94-73 |
1972-73 | Cantú & Malinas | Pallacanestro Cantù | Racing Mechelen Basket | 106-75 e 85-94 |
1973-74 | Cantú & Belgrado | Pallacanestro Cantù | KK Partizan | 99-86 e 75-68 |
1974-75 | Barcelona & Cantú | Pallacanestro Cantù | FC Barcelona | 71-69 e 110-85 |
1975-76 | Split & Turín | Jugoplastika Split | Auxilium Pallacanestro Torino | 97-84 e 82-82 |
Tempada | Sede | Campión | Subcampión | Resultado |
---|---|---|---|---|
1976-77 | Xenebra | Jugoplastika Split | Fortitudo Bologna | 87-84 |
1977-78 | Banja Luka | KK Partizan | KK Bosna | 117-110 |
1978-79 | Belgrado | KK Partizan | AMG Sebastiani Rieti | 108-98 |
1979-80 | Liexa | AMG Sebastiani Rieti | KK Cibona | 76-71 |
1980-81 | Barcelona | Joventut de Badalona | Pallacanestro Venezia | 105-104 |
1981-82 | Padua | CSP Limoges | KK Šibenik | 90-84 |
1982-83 | Berlín | CSP Limoges | KK Šibenik | 94-86 |
1983-84 | París | ÉB Pau-Orthez | KK Estrela Vermella | 97-73 |
1984-85 | Bruxelas | Olimpia Milano | Pallacanestro Varese | 91-78 |
Equipo | Títulos | Anos campión |
---|---|---|
Pallacanestro Cantù | 4 | 1972-73, 1973-74, 1974-75 e 1990-91. |
KK Partizan | 3 | 1977-78, 1978-79 e 1988-89. |
CSP Limoges | 3 | 1981-82, 1982-83 e 1999-00. |
KK Split | 2 | 1975-76 e 1976-77. |
Joventut de Badalona | 2 | 1980-81 e 1989-90. |
Pallacanestro Virtus Roma | 2 | 1985-86 e 1991-92. |
Olimpia Milano | 2 | 1984-85 e 1992-93. |
FC Barcelona | 2 | 1986-87 e 1998-99. |
KK Cibona | 1 | 1971-72. |
AMG Sebastiani Rieti | 1 | 1979-80. |
ÉB Pau-Orthez | 1 | 1983-84. |
Real Madrid | 1 | 1987-88. |
PAOK | 1 | 1993-94. |
ALBA Berlin | 1 | 1994-95. |
Efes Pilsen S.K. | 1 | 1995-96. |
Aris Tesalónica BC | 1 | 1996-97. |
Scaligera Basket Verona | 1 | 1997-98. |
Unicaja Málaga | 1 | 2000-01. |
SLUC Nancy | 1 | 2001-02. |
Títulos | País | Equipos |
---|---|---|
10 | Italia | Pallacanestro Cantù (4), AMG Sebastiani Rieti, Olimpia Milano (2), Pallacanestro Virtus Roma (2), Scaligera Basket Verona |
6 | España | Joventut Badalona (2), FC Barcelona (2), Real Madrid, Unicaja Málaga |
5 | Francia | CSP Limoges (3), ÉB Pau-Orthez, SLUC Nancy |
3 | Croacia | KK Cibona, KK Split (2) |
3 | Serbia | KK Partizan |
2 | Grecia | PAOK, Aris Tesalónica |
1 | Turquía | Efes Pilsen S.K. |
1 | Alemaña | ALBA Berlin |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.