From Wikipedia, the free encyclopedia
O fútbol é o deporte máis popular no Perú.[1][2][3]
![]() | Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Foi introducido no país por inmigrantes británicos, peruanos que regresaban das Illas Británicas e por mariñeiros ingleses que chegaban ao porto do Callao a finais do século XIX, un dos máis importantes do océano Pacífico.[4]
Durante o século XX aparecen novos clubs que se converteron nos máis importantes do país como Alianza Lima (Lima, 1901),[5][6] Cienciano (Cuzco, 1901),[7][8] FBC Melgar (Arequipa, 1915),[9][10] o club da comunidade italiana Circolo Sportivo Italiano (Lima, 1917),[11][12] Atlético Grau (Piura, 1919),[13][14] Alianza Atletico (Sullana, 1920),[15][16][17] Universitario de Deportes (Lima, 1924),[18][19] Sport Boys (Callao, 1927),[20][21] e o Coronel Bolognesi (Tacna, 1929).[22][23] A primeira liga peruana de afeccionados (Escudo Dewar) foi disputada por clubs de Lima e El Callao entre 1912 e 1921.[24] A Federación Peruana de Fútbol creouse en 1922 e comezou a organizar a nova liga de afeccionados en 1926.[25]
En 1925, a Federación Peruana de Fútbol incorporouse á Confederación Suramericana de Fútbol (CONMEBOL), non obstante, a reestruturación da liga peruana impediu a creación dunha selección nacional de fútbol capaz de participar no Campionato Suramericano de 1925 ou no Campionato de 1926. Durante as décadas de 1920 e 1930, debido á gran demanda da habilidade dos seus xogadores, os clubs peruanos realizaron unha serie de xiras internacionais por América do Sur, visitando lugares como Colombia e Chile.[26][27][28]
En 1929, o Perú xa contaba cunha selección nacional, formada polos mellores xogadores da liga local, coa que disputou o Campionato Suramericano de 1929.
O Mundial de 1930 foi unha experiencia interesante para todos os equipos participantes.[29][30][31][32] No continente americano, Uruguai solicitou a axuda dos seus veciños para organizar o torneo. Aínda que invitou a todos os países, moitos negáronse a pagar a cantidade de diñeiro solicitada en apoio á organización. Non obstante, debido aos seus lazos de amizade, a Selección Peruana aceptaría a solicitude.[33][34][35]
Esta primeira presentación peruana ante a selección romanesa estivo inzada de problemas: o lateral dereito da selección peruana, Mario de las Casas, chocou contra o dianteiro romanés Adalbert Steiner, rompendo a súa perna. No minuto 56 produciuse un enfrontamento entre os xogadores de ambos os equipos, que produciu a primeira expulsión da historia dos mundiais, cando o capitán peruano Plácido Galindo cometeu unha falta contra o dianteiro romanés László Raffinsky.[36] Daquela sería o momento de xogar ante o Uruguai nun partido que inauguraba o Estadio Centenario, cuxo resultado foi favorable aos locais.[37][38][39]
A selección peruana foi local no campionato suramericano de 1939, daquela Perú contaba con bos xogadores que un ano antes conseguiran facerse coa medalla de ouro nos Xogos Bolivarianos. Perú foi campión sen perder ningún partido, o goleador do campionato foi Teodoro Fernández.[40]
Ata 1961 a selección peruana acadara 3 medallas de ouro nos Xogos Bolivarianos. En 1967, o Club Universitario de Deportes logrou chegar á semifinal da Copa Libertadores, primeira boa participación dun club peruano no torneo continental. A selección peruana clasificouse para o Mundial de 1970 tras eliminar a Bolivia e a Arxentina nun partido histórico no estadio Alberto J. Armando.[41]
O primeiro partido do Mundial foi unha vitoria ante Bulgaria, catro días despois volverían gañar, esta vez contra Marrocos e no último partido perderon contra Alemaña. En cuartos enfrontáronse a Brasil, nun partido disputado caeron por 4-2.[42]
A Liga Peruana de Fútbol ou Liga 1 Betsson por motivos de patrocinio, tamén chamada Campionato Nacional porque se xoga a nivel nacional, é a máxima competición de fútbol peruano.
Ano | Campión |
1912 | Lima Cricket FBC (1)[43] |
1913 | Club Jorge Chávez (1)[44] |
1914 | Lima Cricket FBC (2)[45] |
1915 | Sport José Gálvez (1)[46] |
1916 | Sport José Gálvez (2)[47] |
1917 | Sport Juan Bielovucic (1)[48] |
1918 | Sport Alianza (1)[49] |
1919 | Sport Alianza (2)[50] |
1920 | Sport Inca (1)[51] |
1921 | Sport Progreso (1)[52] |
1926 | Sport Progreso (2)[53] |
1927 | Sport Alianza (3)[54] |
1928 | Alianza Lima (4)[55] |
1929 | Universitario de Deportes (1)[56] |
1930 | Atlético Chalaco (1)[57] |
1931 | Alianza Lima (5)[58] |
1932 | Alianza Lima (6)[59] |
1933 | Alianza Lima (7)[60] |
1934 | Alianza Lima (8)[60] |
1935 | Sport Boys (1)[61] |
1937 | Sport Boys (2)[62] |
1938 | Deportivo Municipal (1)[63] |
1939 | Universitario de Deportes (2)[64] |
1940 | Deportivo Municipal (2)[65] |
1941 | Universitario de Deportes (3)[66] |
1942 | Sport Boys (3)[67] |
1943 | Deportivo Municipal (3)[68] |
1944 | Mariscal Sucre (1)[69] |
1945 | Universitario de Deportes (4)[70] |
1946 | Universitario de Deportes (5)[71] |
1947 | Atlético Chalaco (2)[72] |
1948 | Alianza Lima (9)[73] |
1949 | Universitario de Deportes (6)[74] |
1950 | Deportivo Municipal (3)[75] |
1951 | Sport Boys (4)[76] |
1952 | Alianza Lima (9)[77] |
1953 | Mariscal Sucre (2)[78] |
1954 | Alianza Lima (10)[79] |
1955 | Alianza Lima (11)[80] |
1956 | Sporting Cristal (1)[81] |
1957 | Centro Iqueño (1)[82] |
1958 | Sport Boys (5)[83] |
1959 | Universitario de Deportes (8)[84] |
1960 | Universitario de Deportes (9)[85] |
1961 | Sporting Cristal (2)[86] |
1962 | Alianza Lima (12)[87] |
1963 | Alianza Lima (13)[88] |
1964 | Universitario de Deportes (10)[89] |
1965 | Alianza Lima (14)[90] |
1966 | Universitario de Deportes (11)[91] |
1967 | Universitario de Deportes (12)[92] |
1968 | Sporting Cristal (3)[93] |
1969 | Universitario de Deportes (13)[94] |
1970 | Sporting Cristal (4)[95] |
1971 | Universitario de Deportes (14)[96] |
1972 | Sporting Cristal (5)[97] |
1973 | Defensor Lima (1)[98] |
1974 | Universitario de Deportes (15)[99] |
1975 | Alianza Lima (15)[100] |
1976 | Unión Haral (1)[101] |
1977 | Alianza Lima (16)[102] |
1978 | Alianza Lima (17)[103] |
1979 | Sporting Cristal (6)[104] |
1980 | Sporting Cristal (7)[105] |
1981 | FBC Melgar (1)[106] |
1982 | Universitario de Deportes (16)[107] |
1983 | Sporting Cristal (8)[108] |
1984 | Sport Boys (6)[109] |
1985 | Universitario de Deportes (17)[110] |
1986 | Deportivo San Agustín (1)[111] |
1987 | Universitario de Deportes (18)[112] |
1988 | Sporting Cristal (9)[113] |
1989 | Unión Huaral (2)[114] |
1990 | Universitario de Deportes (19)[115] |
1991 | Sporting Cristal (10)[116] |
1992 | Universitario de Deportes (20)[117] |
1993 | Universitario de Deportes (21)[118] |
1994 | Sporting Cristal (11)[119] |
1995 | Sporting Cristal (12)[120] |
1996 | Sporting Cristal (13)[121] |
1997 | Alianza Lima (18)[122] |
1998 | Universitario de Deportes (22)[123] |
1999 | Universitario de Deportes (23)[124] |
2000 | Universitario de Deportes (24)[125] |
2001 | Alianza Lima (19)[126] |
2002 | Sporting Cristal (14)[127] |
2003 | Alianza Lima (20)[128] |
2004 | Alianza Lima (21)[129] |
2005 | Sporting Cristal (15)[130] |
2006 | Alianza Lima (23)[131] |
2007 | Universidad San Martín (1)[132] |
2008 | Universidad San Martín (2)[133] |
2009 | Universitario de Deportes (24)[134] |
2010 | Universidad San Martín (3)[135] |
2011 | Juan Aurich (1)[136] |
2012 | Sporting Cristal (16)[137] |
2013 | Universitario de Deportes (25)[138] |
2014 | Sporting Cristal (17)[139] |
2015 | Melgar (2)[140] |
2016 | Sporting Cristal (18)[141] |
2017 | Alianza Lima (24)[142] |
2018 | Sporting Cristal (19)[143] |
2019 | Binacional (1)[144] |
2020 | Sporting Cristal (20)[145] |
2021 | Alianza Lima (25)[146] |
2022 | Alianza Lima (26)[146] |
A Segunda División Peruana de fútbol é unha competición profesional de fútbol peruana. É o segundo nivel da pirámide do fútbol peruano e serve de ascenso á Primeira división .
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.