From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Alianza Lima é un club deportivo peruano da cidade de Lima.[1][2][3] Fundouse o 15 de febreiro de 1901 e compite na Primeira División do Perú.
Alianza Lima | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Alianza Lima | ||
Fundación | 15 de febreiro de 1901 | ||
Estadio | Alejandro Villanueva Lima, Perú | ||
Inauguración | 27 de decembro de 1974 | ||
Capacidade | 35.000 | ||
Presidente | Guillermo Alarcón | ||
Adestrador | Guillermo Salas | ||
Liga | Primeira División do Perú | ||
2024 | 4.º | ||
Na rede | |||
http://www.clubalianzalima.com/ | |||
| |||
Os fundadores adoptaron ese nome en honra á cuadra Alianza, propiedade do presidente da República, Augusto B. Leguía, que utilizaron para celebrar os seus primeiros xogos.[4][5][6] Está considerado un dos máis grandes do fútbol peruano.[7][8][9] A día de hoxe conta con vinte e catro ligas nacionais e unha supercopa do Perú. A súa mellor actuación internacional foi en 1976 cando foi campión da Copa Simón Bolívar.[10][11] As cores do club son o azul e o branco. Debido á ascendencia italiana de Eduardo Pedreschi, membro fundador, decidiuse que a primeira roupa tivese cores da bandeira italiana.[12][13][14] Así, os primeiros uniformes eran verdes con branco. Posteriormente, incluíronse no uniforme as cores da corte das bestas, que eran o azul, o branco e o negro, que se levaban na camisa, pantalón e calcetín respectivamente. Anos despois fíxose o uniforme azul e branco en forma de raias, que se utiliza ata hoxe.[15]
Os equipos máis potentes da época seguían sendo os ricos, ademais de ser os que con máis actividade futbolística continuaban. A creación de Alianza Lima (inicialmente Sport Alianza) foi a antítese desta idea, porque se fundou nun ambiente puramente popular, sen influencia algunha dos altos niveis da sociedade limeña. A imaxe do Alianza como equipo popular aumentou cada vez máis, atraendo cedo a moitos afeccionados de baixas condicións, que viron nas vitorias do equipo aliancista, o seu propio triunfo ante a adversidade, un triunfo que sería impensable noutros aspectos da vida cotiá.e a oportunidade de reverter toda orde socioeconómica ou política para poder competir sen desigualdades.
O Club Sport Alianza, como se chamaba inicialmente o club, foi fundado o 15 de febreiro de 1901, por un grupo de rapaces que tivo a idea de formar un club de fútbol para defender a comunidade fronte aos equipos doutros barrios. Adoptaron ese nome en homenaxe á cuadra Alianza, propiedade do expresidente da República, Augusto B. Leguía.[16]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.