From Wikipedia, the free encyclopedia
O Universitario de Deportes (tamén coñecido como La «U») é un club deportivo con sede en Lima (Perú) con diferentes seccións deportivas, se ben a súa actividade principal é o fútbol profesional.
Universitario de Deportes | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Universitario de Deportes | ||
Alcume(s) | La U, Los merengues, Los cremas | ||
Fundación | 7 de agosto de 1924 | ||
Estadio | Monumental Lima (Perú) | ||
Inauguración | 2000 | ||
Capacidade | 80.093 | ||
Presidente | Junta administradora | ||
Adestrador | Jorge Fossati | ||
Liga | Primeira División do Perú | ||
2013 | 1° | ||
Vestimenta | Umbro | ||
Na rede | |||
http://www.universitario.com.pe/ | |||
| |||
José Rubio Galindo, estudante da Facultade de Letras, e Luis Málaga Arenas, estudante da Facultade de Medicina, dedicaron o seu tempo libre a intercambiar ideas con vistas a lograr un desexo común: "formar unha gran institución".[1][2] Plácido Galindo, Eduardo Astengo, Rafael Quirós, Mario de las Casas, Alberto Denegri, Luis de Souza Ferreira (que marcou o primeiro gol peruano nun Mundial),[3] Andrés Rotta, Carlos Galindo, Francisco Sabroso, Jorge Góngora, Pablo Pacheco e Carlos Cillóniz entre outros. Foi así que o 7 de agosto de 1924 os universitarios reuníronse na sede da Federación de Estudantes do Perú, na rúa Juan de la Coba 106, da cidade de Lima, dando lugar á Federación Universitaria de Fútbol; como asociación dos equipos representativos das Facultades da Universidade de San Marcos e das Escolas Especiais de Enxeñaría, Agronomía e Central Normal.[4]
O Comité Nacional de Deportes, máximo órgano do deporte peruano daquela, recoñeceu á Federación Universitaria como se dunha Liga se tratase. De aí que xunto coa Liga Peruana de Fútbol, a Asociación de Afeccionados, a Liga Chalaca, o Circolo Sportivo Italiano e o Lima Cricket and Football Club, constituíron a Federación de Fútbol.
O estadio máis importante do Universitario é o estadio Monumental, coñecido como o Monumental de Ate ou Monumental de la U, do que é titular o propio club, situado no distrito do Ate, cidade de Lima. Ten unha capacidade de 80.093 espectadores inaugurouse en 2000. As dimensións do terreo de xogo son 105×70 m.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.